Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Comisión Permanente Internacional do Río Miño abordou as principais problemáticas do Miño
    - O número de peregrinos no Camiño Portugués creceu un 13% en maio con respecto a 2025. O 82% dos peregrinos foron internacionais
    - A Garda Civil de Tui detivo a un veciño de Tomiño coma presunto autor dun roubo con forza nunha vivenda unifamiliar
    - O equipo alevín do Tyde participar no Torneo Internacional de Versmold. Antes de viaxar a Alemaña foi recibido na casa do concello de Tui
    - A escritora Ledicia Costas mantén un encontro co alumnado do CEIP de Guillarei
    - Terceira xornada do Congreso EducODS na Corredoira. Hoxe ás 18 h haberá unha foliada na praza da Inmaculada, e ás 21 h a proxección de "Chinas" no Espazo Sociocultural
    - Avanzamos citas da fin de semana en Tui
    - Un centenar de deportistas do Judo Club Tudense particioan este domingo nunha exhibición no pavillón Gustavo Rodríguez
    ...
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Comezará de forma inmediata a repración do firme da A-55 ao seu paso por Tui, Mos e Vigo
    - O Concello de Tui realizará a ofrenda do antigo Reino de Galicia en Lugo o domingo 14 de xuño. Haberá autobuses gratuítos dende Tui
    - Continuamos con Carmen Núñez, voceira do BNG, a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de maio
    - A Deputación aprobará este venres o investimento de 185 mil euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas para substituír o céspede artificial do campo de fútbol de Ribadelouro
    - 24 centros educativos amosan os seus proxectos no VI Congreso EducODS que hoxe continuou na Corredoira
    - Veciñanza de Caldelas reclama actuacións urxentes para mellorar a seguridade vial na PO-404 na parroquia
    - O proxecto INTEGRALAB de AMEI TUi atende a máis dunha veintena de mulleres inmigrantes
    - ...
    29 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui |Renovación zona gran afluencia turística, vivendas caldelas, ofrenda lugo,...
    No tempo de Noticias 13.30 h hoxe abordamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o que representa para Tui a renovación como zona de gran afluencia turística. Tamén deu conta da apertura do prazo para solicitar a inclusión Listaxe de demandantes de vivenda de alugueiro social e explicou os requisitos de aluguer social das vivendas de Caldelas. Amais rereriuse a ofrenda do Antigo Reino de Galicia que este ano corresponde ao Concello de Tui, e ao congreso educativo EducODS inaugurado esta mañá.
    11 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 2 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui renova a declaración coma zona de gran afluencia turística
    - Aberto o prazo de vinte días solicitar a inclusión na Listaxe de demandantes de vivenda de alugueiro social no Concello de Tui
    - O paro baixou en 46 persoas en maio no Baixo Miño até as 2.335 persoas demandas de emprego
    - Comezou o VI Congreso Educativo EducODS coa participación de 24 centros educativos
    - Deportes
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 1 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui sacará a licitación o mantemento e conservación das zonas verdes do municipio
    - Aprobado en pleno o Protocolo para a prevención e actuación fronte o acoso laboral, sexual e por razón de sexo do Concello de Tui cos votos a favor do PSOE e o BNG
    - O PP comprométese a seguir propondo unha rebaixa xeral de impostos en Tui, tras non proposterar a moción na que propuñan baixar o ICIO ao 3%
    - Abrimos con Jose Palacín, concelleiro non adscrito, a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de maio
    - Aprobada no Parlamento a proposta do BNG para a recuperación e posta en valor do Alto dos Cubos
    - Aberta até este venres a inscrición para os autobuses gratuítos para ir a Lugo á Ofrenda do Antigo Reino de Galicia que este ano realizará o Concello de Tui
    - Este venres preséntase o libro “Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais”
    -Mañá comeza o VI Congreso EducODS
    - Rodrigo Conde do Remo do Miño 4º na I Copa do Mundo de Remo
    - Manu Garrido do Kaiak Tudense logra a praza para o Campionato de Europa de Maratón en C2 xunto a Jaime Duro
    -...
    31 min
  • Ent. Eva Mª Estévez, profesora do CIFP Audiovisual - Concerto scena Sacra: Música, Corpo e Imaxe
    A Catedral de Tui acollerá hoxe venres, ás 20.30 h, o concerto Escena Sacra: Música, Corpo e Imaxe. Trátase dunha proposta escénica que integra música, danza e imaxe nunha experiencia sensorial completa. Este concerto é unha iniciativa do Conservatorio Superior de Música de Vigo, ESADg e CIFP Audiovisual de Vigo, que producen unha obra de forma colaborativa coa implicación do seu alumnado e profesorado.
    Así nolo contou hoxe Eva Mª Estévez, profesora de Producción de Eventos e Espectáculos do CIFP Audiovisual. Súmanse así á celebración dos 800 anos da consagración da Catedral tudense.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 29 de maio de 2026
    Neste venres, 29 de maio, estes son os principais titulares de Noticias 13.30 h:
    - A corporación municipal de Tui aprobou por unanimidade habilitar máis de 469 mil euros para expropiar sete parcelas para a ampliación do CEIP nº1. No mesmo expediente figura unha parta de 63 mil euros para ampliar a excavación arqueolóxica na praza do Pracer
    - Por acordo unánime foron aprobados tamén outros expedientes de crédito para para facer fronte a aportación municipal no Obradoiro Dual de Emprego Senda e para pagar as horas extras do persoal municipal realizadas na última quincena do mes de decembro.
    - Cos votos a favor do PSOE, BNG e concelleiro non adscrito, e abstención do PP aprobouse un expediente 98.396,06€ facer fronte á achega municipal para o proxecto Unicidade 2030, Mercado Excelentes, e achegas á Entidade Local Menor de Pazos de Reis
    - Quedou sobre a mesa onte no pleno o expediente para habilitar crédito para pagar facturas pendentes de 2024 e 2025
    - As xornadas do Siñor Afranio continua coa proxección dun documental, un tunel dos viños e concerto de Víctor Coyote, Pablo Novoa e Pancho Álvarez
    - Agasallos e degustación gastronómica para celebrar mañá sábado o Día do Mercado no Mercado de San Antonio
    - A Catedral de Tui acolle hoxe venres ás 20.30 h o concerto Escena Sacra: Música, Corpo e Imaxe
    - II Busca do Tesouro de Clásicos, Ruta Mototurística do Meixón, Andaina, gastronomía e música en Paramos, e Festa dos Callos e Bingo en Rebordáns, entre gas citas para a fin de semana en Tui
    - Deportes
    30 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…