Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Venres, 15 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe, venres 15 de maio, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui celebra as Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego este domingo
    - O voceiro do PP Nico Mones reuniuse coa deputada de Infraestruturas para abordar a mellora da seguridade na EP-2505
    - Ás 19 h inaugúrase na Sala Municipal de Tui a exposición “Reflexións coa voz tapada” de Xulio M. Sigüenza
    - Mercarte abre o seu espazo efímero creativo ás 17 h na Oficina de Turismo
    - O grupo de teatro Chirlomirlo estrea ás 21 h no Teatro Municipal a comedia “Tres porquiños”
    - Festa de Primavera hoxe no Espazo Xove
    - Grupo de teatro San Fins de Rebordáns presenta “Ultramarinos Norte” mañá sábado no Centro Cultural de Paramos
    - Esta fin de semana celébrase a Romaría do Cabalo en Ribadelouro-Pontellas
    - Deportes
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui celebra este domingo as Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego
    - Once zonas de baño do Baixo Miño, entre elas Areeiros e O Penedo en Tui, figuran na listaxe de augas de baño correspondentes á tempada 2026
    - Xulio M. Sigüenza inaugura mañá venres ás 19 h a exposición “Reflexións coa voz tapada” na Sala Municipal de Tui
    - O grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntaza estrea mañá "Tres porquiños" no Teatro Municipal
    - Play Doc fai balance da súa 22ª edición con máis de 6 mil espectadores presenciais e 2 mil visionados en liña
    - O Colexio Maristas de Tui gañador do 1º premio da categoría 2 con “Unindo estrelas” do concurso do cartel para celebrar o do Día de Europa
    - O Tyde presentou a Distinción ao mérito Deportivo de Galicia onte no Concello de Tui
    - A padeeira Claudia Coto do Kaiak Tudense clasificada para as semifinais no c2 500 no inicio da II Copa do Mundo de Sprint de Piragüismo
    - Aberta a inscrición para o Triatlón Tui-O Porriño
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de maio de 2026
    Neste mércores, 13 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui promociona o libro e a lectura coa participación de máis de 650 escolares dos centros educativos en Tui Le
    - O xoves 21 celébrase no Espazo Sociocultural tudense a xornada formativa “Comercialización e marketing para os produtos do rural”. A inscrición está aberta en galiciasuroeste.gal
    - Curso de verán sobre “Os procesos electorais en España. Elementos e consecuencias” do 1 ao 3 de xullo na Aula da UNED de Tui
    - O historiador Bieito Alonso destacou a Francisco Rodríguez coma figura esencial do movemento agrarista no Baixo Miño. Donou un conxunto de cartas que escribiu en 1936 ao Concello de Tui
    - Do luns 25 ao sábado 30 de maio a Escola da Banda de Música Popular de Tui celebra unha semana de portas abertas
    - Mañá comeza en Branderburgo a II Copa do Mundo de Sprint de Piragüismo na que competirán seis deportistas do Kaiak Tudense
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 12 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe martes, 12 de maio, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A liña cuántica de Galicia chegará até Valença
    - O concello de Tui ten aberto até o 5 de xuño o prazo para presentar as solicitudes das fogueiras de San Xoán. Este ano débesen comunicar as fogueiras a realizar en espazos privados e aumenta a distancia a un mínimo de 25 metros entre a fogueira e casas, árbores ou outros elementos
    - A Banda de Gaitas Arume de Malvas actúa hoxe en Balaídos
    - Do 16 ao 19 de xullo celebrarase na Eurocidade Tui-Valença a 14ª edición do IKFEM, Fesival Tui-Valença.
    - Os 58 establecementos participantes na campaña promocional do Día da Nai de ACITUI repartiron 2.700 participacións para o sorteo de s 5 vales de compra de 30€
    - Cinco proxectos creativos achegan os seus productos na segunda edición de Mercarte que abre este venres na Oficina de Turismo
    - Á venda as entradas para a estrea de "Tres Porquiños" de Xuntaza este venres no Teatro Municipal
    - O cineclub Tui proxecta hoxe "Deuses de pedra" de Iván Castiñeiras ás 20.45 h
    - A Copa de España de Ciclismo pasa este domingo por Tui
    30 min
  • Noticias 13.30 h | | Luns, 11 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui segundo punto de partida de peregrinos en todas as vías xacobeas
    - As cartas de Francisco Rodríguez Otero doadas polo historiador Bieito Alonso incorpóranse ao Arquivo Municipal de Tui
    - O Encontro de Viños da Raia de Tui recibiu hoxe a Certificación Festa Sostible de Galicia Suroeste
    - Xornada formativa sobre marketing para os produtos do rural o xoves 21 en Tui
    - Mercarte abre este venres na Oficina de Turismo con cinco proxectos creativos
    - O grupo de teatro Chirlomirlo estrea este venres a comedia “Tres porquiños”
    - Deportes
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 8 de maio de 2026
    Neste venres 8 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A nave frigorífica de ORPAGU en Areas acada as 5 mil toneladas de almacenaxe nunha ubicación estratéxica
    - O Concello de Salceda Salceda recorrerá a sentenza do Tribunal de Instancia de Pontevedra sobre o aeródromo
    - Cruz Vermella Baixo Miño atendeu a case mil persoas na comarca en 2025
    - Tui acollerá o xoves 21 unha formación sobre comercialización e marketing para os produtos do ruraldentro do proxecto Ruralmente de Galicia Suroeste
    - Asemblea extraordinaria da Asociación de Amas de Casa para comunicar a súa disolución
    - Pazos de Reis e Randufe celebran este domingo as Letras Galegas
    - Comeza a I Copa do Mundo de Spring de Piragüismo con cinco deportistas do Kaiak Tudense en competición
    - O equipo senior do Balonmán Tui busca o ascenso en Bueu
    - Os tudenses Jose Leiras co Valinox Novas e Maya Moledo co Cañizan xogan fase de ascenso en balonmán
    - ...
    32 min
  • Ent. Agustín Martínez, presidente, e Jacobo Gregores, adestrador do Balonmán Tui - Final 4 Ascenso
    O equipo senior do Balonmán Tui xógase esta fin de semana o ascenso a primeira na Final 4 que se disputará no pavillón Pablo Herbello de Bueu.
    Agustín Martínez, presidente, e Jacobo Gregores, adestrador, explicaban como están ante esta Final 4. O primeiro partido que disputarán será mañá sábado ás 11 h ante o SAR GlobalMar. Ás 13 h xogarán o Parrillada La Ronda Arteixo co Hotel Carlos I Silgar Sanxenxo Balonmán.
    Agardan que a súa afición, a marea amarela, encha mañá o pavillón de Bueu, tal e coma teñen feito ao longo da temporada.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 7 de maio de 2026
    Hoxe xoves, 7 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O tudense Dámaso Rodríguez completou hoxe os 1.165 kms que separan Alcalá de Henares e Tui a través de Camiños de Santiago. Este mediodía foi recibido no Concello
    - O Tribunal de Instancia de Pontevedra anula a autorización para construír un aeródromo en Salceda de Caselas tras o recurso interposto pola Comunidade de montes Veciñais de Caldelas
    - Xacio Baño, Aira Portos, Xiana do Teixeiro, e Nela Fraga premiados en Ventura 2026
    - A Cámara de Comercio promove un novo webinar sobre "Rexistro de xornadas: cómo adaptar a túa empresa á nova regulación" para o venres 15 de maio
    - As asociacións Aloia de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe celebran esta fin de semana as Letras Galegas
    - O Espazo Xove de Tui celebra o venres 15 a súa Feira de Primavera
    - Cinco padeiros do Kaiak Tudense participan no I Copa do Mundo en Hungría
    - O equipo senior masculino do Balonmán Tui busca esta fin de semana o ascenso en Bueu
    - Os tudenses José Leiras co Valinox Novás e Maya Moledo do Cañiza xogan a fase de ascenso de balonmán esta fin de semana
    -...
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 6 de maio de 2026
    Neste mércores, 6 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O paro baixou en 66 persoas no mes de abril no Baixo Miño, até ás 2.381 persoas inscritas nos Servizos Público de Emprego
    - Alumnado de 10 universidades europeas proporán experiencias turísticas para a Eurocidade Tui-Valença
    - ADIF ten en fase de contratación a redacción dos proxectos de mellora do tramo Ourense-Guillarei, de 96 km, incluídos os 800 m do denominado ‘nó de Guillarei’.
    - A ilustradora Aida Alonso imparte esta tarde un obradoiro co que se abre a programación de Tui en Letras
    - Setestrelo Teatro actúa este domingo no Centro Cultural Aloia de Pazos de Reis
    - A remeira tudense Carlota González competirá na trainera de Donostiarra na Liga Euskotren
    - O Balonmán Tui xógase o ascenso esta fin de semana na Final 4 en Bueu
    29 min
  • Noticias 13.30 h| Martes, 5 de maio de 2026
    Neste martes, 5 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Alumnado e profesorado de dez universidades visitan a Eurocidade Tui-Valença nun proxecto Erasmus
    - A AECT Río Miño captou o ano pasado case 4 millóns de euros
    - SOS Tomiño Baixo Miño celebrará o seu xantar solidario o 28 de xuño
    - “Desexando Amar” de Wong Kar-Wai abre a proxeccións deste mes de maio no Cineclub Tui
    - O piloto tudense Saúl Vaz afianzase na primeira posición do Campionato Galego de Karting tras disputar a terceira proba nas Pontes
    -...
    27 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…