Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 9 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe luns, 9 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui conmemorou o 8M con arte, música e palabra
    - Besteiro critica en Tui que a Xunta non iniciara aínda as obras de rehabilitación das vivendas que adquiriu no conxunto histórico no programa REXURBE
    - Xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o domingo 22 co gallo do Día Mundial da Auga
    - Carlos Fer é o autor do cartel anunciador das festas de San Telmo 2026 que se celebrarán do 4 ao 13 de abril
    - Ana Carpinteiro da empresa tudense Somos Océano recibiu hai uns días en Bilbao o Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank
    - Charla Informativa sobre prevención de Incendios Forestais e Faixas Secundarias hoxe ás 19.30 h na casa cultural de Caldelas
    - O Punto Limpo Móbil do Concello de Tui está esta semana en Rebordáns
    - O Tyde comeza a celebración do seu centenario
    ...
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 6 de marzo de 2026
    Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Esta mañá continúan na praza da Inmaculada a plantación das novas árbores
    - Especialistas de toda España en psicodermatoloxía reúnense hoxe en Tui
    - A maxistrada Paz Filgueira da lectura hoxe ao manifesto do 8M en Tui no acto central que se celebrará ás 19 h no Teatro Municipal
    - Mañá sábado ás 12.30 h inaugurarase a exposición “Pinceladas de muller” na Oficina de Turismo da man de Tide Arte
    - Charlas Informativas Prevención de Incendios Forestais e Faixas Secundarias hoxe ás 19 h en Paramos
    - Pexegueiro celebra hoxe e mañá a súa I Festa Furancheira
    - Hoxe celébrase, na capela da Misericordia o Día das Tres Gracias
    - Comeza, en 18 establecementos tudenses a Ruta Tú-y- D'tapas promovida por ACITUI
    - As bandas infantil e xuvenil do Ateneo de Bembrive a banda Xuvenil de Tui protagonistas do II Festival de Bandas Xuvenís este domingo en Tui
    - As bicicletas protagonistas na Eurocidade este domingo coa celebración da XIII BTT
    - O Tyde inicia os actos do seu centenario
    - ...
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 5 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Con cinema hoxe comeza a programación do 8M en Tui
    - Esta mañá comezaron a ser plantadas novas árbores na praza da Inmaculada
    - Reunión coas comunidades de augas esta tarde na casa do concello de Tui
    - As charlas informativas sobre prevención de incendios forestais e faixas secundaria chegan hoxe ao Centro Cultural de Pazos de Reis
    - Charla-coloquio sobre "Fame e saciedade" organizada pola Asociación de Párkinson do Baixo Miño
    - ACITUI celebra esta tarde asemblea ordinaria
    - Preto de 900 persoas participarán este domingo na XIII Eurocidade BTT
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 3 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O paro subiu en 19 persoas no Baixo Miño até ás 2.525 en situación de desemprego
    - O Concello de Tui conmemora o 8M baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, cun cartel deseñado por Luz Beloso e unha programación que sitúa no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para as mulleres
    - O proxecto Trax II do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui e o CEP Altamira de Salceda terciero premio Innovagal na categoría de Educación Secundaria
    - ACITUI celebra este xoves asemblea ordinaria, o venres comeza a ruta Tú-y D'Tapas, e o luns 9 a campaña promocional do comercio local co gallo do Día do Pai
    - O Centro Cultural de Pexegueiro acolle esta tarde a charla informativa sobre prevención de incendios forestais e faixas secundarias
    - O Cineclub Tui proxecta esta tarde 'Caramel' de Nadine Labaki
    - Charla - coloquio “Fame e saciedade” este xoves no Centro Sociocomunitario organizada pola Asociación Párkinson Baixo Miño
    - Máis de 500 inscritos na Ultreia 2026 que sairá de Tui o domingo 12 de abril e contará cunha camiseta conmemorativa dedicada á Catedral
    - O Tyde celebra o seu centenario
    - ...
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 27 de febreiro de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui convoca unha reunión informativa este domingo en Areas para as persoas propietarias de parcelas afectadas pola senda do Miño
    - Esta mañá foron cortados os 4 tilos da praza da Inmaculada. A concelleira de Patrimonio, Ana Núñez, explicaba os motivos e avanza que serán substituídos por 4 novas árbores
    - Bali Beleza e Ohana Escola Infantil recibiron hoxe a visita do delegado territorial da Xunta, Augustín Reguera, tras se beneficiarias das axudas do programa Aprol-Economía Social en 2025
    - O proxecto Visit Rio Minho Plus presentouse onte na BTL en Lisboa
    - A Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará esta tarde e mañá pola mañá en Tui
    - Teatro de Ningures representa hoxe ás 21 h no Teatro Municipal de Tui "As Gardiás"
    - Hoxe remata a exposición Acuarelas de José Jesús Blanco Pérez
    - Este domingo celébrase TuiBodas
    - Hoxe ás 20 h no Espazo Sociocultural "En marcha pola vida das mulleres" con Ximena González e Alejandra Orozco
    - Este domingo remata o prazo de inscrición na Eurocidade BTT
    - Repasamos os partidos da fin de semana
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de febreiro de 2026
    Estas son as prinicipais novas que neste xoves, 26 de febreiro, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Dezoito locais participan na ruta gastronómica promovida por ACITUI que se poderá realizar os venres de marzo
    - Chamamento especial de ADOS á doazón de sangue. Mañá á tarde e o sábado á mañá haberá unha unidade de doazón en Tui
    - Charlas informativas sobre prevención de incendios e as faixas secundarias nas parroquias tudense dende o próximo luns
    - O Punto Limpo Móbil de Tui está até o domingo en Areas
    - Francisco Castro e Valerio Araujo poñen música aos poemas de Rosalía e de outros escritores galegos hoxe ás 19 h no Espazo Sociocultural para celebrar o Día de Rosalía
    - Teatro de Ningures presenta mañá no Teatro Municipal de Tui "As Gardiás"
    - Hoxe presentouse a Ultreia 2026
    - O CPA Ribex buscará praza para o Nacional esta fin de semana no Campionato Galego de Patinaxe
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 25 de febreiro de 2026
    Neste mércores, 25 de febreiro, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - ADOS fai un chamamento á doazón de sangue ante o descenso nas reservas dos distintos grupos sanguíneos, especialmente 0- e A-
    - Nove farmacias do Baixo Miño forman parte dos 62 puntos violeta da provincia de Pontevedra
    - As XVII Leccións Xacobeas Internacionais da USC, que se celebrarán no mes de xullo, contarán cun percorrido guiada á Catedral de Tui
    - Dous novos cursos comezan a próxima semana na Aula da UNED de Tui
    - A poesía de Rosalía e doutros autores galegos protagoniza o concerto que mañá ofrecerán Francisco Castro e Valerio Araújo no Espazo Sociocultural
    - Teatro de Ningures representa o venres no Teatro Municipal "As Gardiás"
    - Este domingo pecha a inscrición para a Eurocidade BTT
    - Clasificado para o Máster Internacional de Series Nacionais de Padel o equipo feminino Seribérica do Club Pádel 8
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 24 de febreiro de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste martes 24 de febreiro:
    - O proxecto Visit Río Miño Plus preséntase na BTL de Lisboa
    - Helena de Eurípides abre as representacións do Festival de Teatro Grecolatino hoxe en Tui
    - Teatro Ningures representa este venres en Tui "As gardiás", obra pola que recibiron Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas
    - O cineclub Tui proxecta hoxe 'Xogos prohibidos' de René Clément
    - Tuibodas celébrase este domingo no Espazo Sociocultural
    - A Libraría Iris de Tui pon o punto final a unha historia de 40 anos por xubilación
    - ...
    26 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…