Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Santiago Veloso de Ponte nas Ondas - PNO! entre as 14 mellores experiencias na salvaguarda do PCI
    A UNESCO escolle Ponte...nas ondas! entre as 14 mellores experiencias na salvaguarda do Patrimonio Cultural Inmaterial.
    Ponte… nas ondas! foi elixida pola UNESCO coma unha das 14 mellores experiencias na salvaguarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. Formará parte en 2026 da nova plataforma que o Comité Intergubernamental da UNESCO para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial porá en marcha para divulgar o Rexistro de Boas Prácticas co PCI. Precisamente PNO! figura desde 2022 neste rexistro.
    Falamos desta boa nova e recoñecemento con Santiago Veloso de Ponte...nas Ondas!
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 9 de decembro de 2025
    Estas son as noticias que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Destacada actuación da Garda Civil e Policía Local de Tui tras o atraco rexistrado esta mañá nunha estación de servizo en Guillarei
    - A música protagonista do Camiño do Nadal en Tui
    - Este domingo celébrase a I Papanoelada Moteira en Tui
    - Este xoves preséntase o libro "Tui 1225 de Pablo Álvarez Yáñez", editado polo Concello de Tui
    - Mañá mércores ás 19.30 h o xornalista Juan de Sola Vollbrecht presentará na Aula da UNED de Tui o seu libro Entre os muros do esquecemento.
    - Novos éxitos dos deportistas tudense Lino Martínez e Manuel Bugallo
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 5 de decembro de 2025
    Estas son as principais novasque hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Eurocidade Tui-Valença contará con medio millón de euros de fondos europeos para a cultura e o deporte
    - O Mercado do Nadal, o carrusel infantil, a casa máxica da Fada do Aloia, o Belén de Mingos forman parte da oferta de Nadal desta ponte festival en Tui
    - A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro actuará o luns na Corredoira
    - A Oficina de Correos de Tui conta xa co buzón para enviar as cartas a Papa Noel e os Reis Magos
    - O tudense Marcos Pazos Pazo recibe o 2º Premio de Fotografía por "Outra mascarada" nos IX Premios Provinciais da Xuventude
    - A escritora Amara Castro Cid, asina exemplares do seu libro “Hasta siempre, Malena Giestal” na libraría Espazo Lector Nobel
    - Charla "Exemplo do monte funcional" hoxe ás 20 h na Aula da UNED organizada polo BNG
    - O rastillo solidario do Voluntariado da Caridade abre esta ponte na praza de San Fernando
    - A asociación San Fins de Rebordáns celebra o seu Nadal Cultura dende hoxe até o luns
    - Concerto de Nadal este domingo en Paramos organizado pola Asociación Laxes
    - Até o 15 de decembro aberto o prazo de inscrición no concurso de decoración da Nadal da Asociación A Insua de Caldelas
    - Información deportiva
    25 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - A Eurocidade Tui-Valença recibirá maís de 500 mil € para o Unicidade 2
    A Eurocidade Tui-Valença recibirá máis de medio millón de euros de fondos europeos a través do programa POCTEP para o proxecto Unicidade 2 para actividades deportivas e culturais conxuntas.
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou o obxectivo deste proxecto que se desenvolverá en 2026 e 2027.
    Por outra parte tamén se referiu á programación de Nadal en Tui.
    9 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de decembro de 2025
    Estas son as prinicipais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O paro baixou 15 persoas, até as 865 persoas inscritas nos Servizos Públicos de Emprego en novembro
    - Continuamos a rolda de entrevistas tras a o pleno ordinario de novembro con Carmen Núñez, voceira do BNG
    - Hoxe sairá de Tui un autobús para acudir á manifestación SOS Sanidade Pública en Vigo
    - O Mercado de Nadal e a visita ao Belén de Mingos propostas de Nadal en Tui
    - Hoxe xoves ás 19 h a Sala Félix Rodríguez acollerá a presentación do libro “La ceguera de dios” de Alberto Viso
    - Mañá comeza a programación do Nadal Cultural en Rebordáns
    - Até o 15 deste mes aberto o prazo para inscribirse no concurso de decoración de Nadal da Asociación A Insua de Caldelas
    - Lino Martínez, campión do mundo WIBK de Judo, participará esta semana no Campionato de España en Segovia
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de decembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O paro baixou en 30 persoas en novembro no Baixo Miño. Hai 2.371 inscritas nos Servizos Públicos de Emprego.
    -Abrimos con José Palacín a rolda de conversas tras o pleno ordinario da semana pasada
    - A Gran Recollida acadou máis de 8.000 quilos de alimentos no Baixo Miño
    - “Andamos coxos da linguaxe” é a campaña de Vontade co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade
    - Mañá sairá de Tu un autobús para acudir á manifestación SOS Sanidade Pública en Vigo
    - Hoxe ás 17 h celébrase a charla “Prepárate para un Nadal Ciberseguro”
    - Mañá xoves ás 10 h terá lugar o webinar “Como as empresas e asociacións culturais e deportivas poden aproveitar a Intelixencia Artificial” organizado pola Cámara de Comercio de Tui
    - A Fada do Aloia participa coa súa máxica casa no Camiño do Nadal en Tui
    - A tudense Leticia Diz pecha o ano subíndose ao máis alto do podio da Urban Trail Night Eurocidade este pasado sábado.
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…