Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h| Martes, 23 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A corporación municipal de Tui abordará este xoves en pleno o convenio coa CHMS e o crédito para a renovación do alumeado público
    - Medio Ambiente inviste máis de 300 mil euros na erradicación de acacia negra no Parque Natural Monte Aloia
    - O Paseo da Corredoira acolleu onte á tarde a concentración convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestin
    - O xoves 16 de outubro sairá de Tui o autobús do Teatro para acudir á representación de “A serie clopen” do CDG en Santiago
    - O cineclub Tui rende homenaxe a Robert Reford proxectando “Os tres días do Cóndor”
    - Hoxe ás 20 h no concello de Tui recepción aos deportistas Tania Fernández, campioa do Mundo, e Manu Garrido, subcampión do Mundo de Maratón
    29 min
  • Ent. Grupo de Participación Infantil e Xuvenil "Partuicipando" - Actividade e invitación
    O grupo de participación infantil e xuvenil de Tui, Partuicipando, inicia unha nova temporada de actividade. Coñecemos que é este grupo, que actividades realiza, as próximas citas que teñen con Elisa, Eva, Antón, Xiana, Iria, Alma e Álvaro. Tamén nos deixaron un convite para que a infancia e a mocidade tudense de 9 a 17 anos se sume a Partuicipando. As persoas interesadas poden contactar co no 604 086 970 ou enviar a solicitude a través da páxina web do Concello de Tui tui.gal.
    15 min
  • Noticias 13.30 h| Luns, 22 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui alzou a voz contra o xenocidio da poboación palestina en Gaza o pasado venres concentrándose na praza do Concello
    - A Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina convoca unha concentración hoxe ás 20 h diante da Praza da Inmaculada
    - Este sábado comeza a programación cultural de outono no Teatro Municipal de Tui co concerto “Ingrávida” de Mercedes Peón
    - O concelleiro non adscrito José Palacín solicita a presenza da interventora no pleno ordinario desta semana
    - Cinco clubes deportivos de Tui beneficiaranse de axudas da Deputación para a organización de eventos e actividades deportivas
    - Hoxe ás 19 h no edificio Francisco Sánchez encontro feminista a través da historia e o cine do programa Feminino Plural
    - Esta noite rematan as Festas na honra á Virxe das Dores en Guillarei
    - A parroquia de Pazos de Reis celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Miguel Arcanxo
    - Resultados e información deportiva
    31 min
  • Noticias 13.30 h| Venres, 19 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A praza do Concello acolle hoxe ás 20 h un acto público contra o xenocidio do pobo palestino en Gaza
    - Colocación das novas sinais informativas da zona azul gratuíta de aparcamento, que entrará en vigor tras a aprobación definitiva da ordenanza reguladora
    - Música, teatro, maxia e cinema na programación cultural de outono de Tui no Teatro Municipal
    - Até o 5 de outubro pódese realizar as inscricións para a cuarta edición de VENTURA
    - Unha cea sefardí, unha visita polo patrimonio xudeu da Eurocidade Tui-Valença e un xogo de escapismo esta fin de semana en Tui no Setembro Xudeu
    - Mañá remata a inscrición para o acto cívico “Os viños de Castelao”
    - Guillarei comeza esta noite as Festas na honra á Virxe das Dores
    - Hoxe inician as actividades da Semana Cultural San Miguel de Pazos de Reis
    - Esta fin de semana celébrase o Concurso Nacional de Saltos en Tui
    33 min
  • Noticias 13.30 h| Xoves, 18 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en #Noticias1330h:
    - Onte comezaron as obras no muro dos xardíns de Troncoso
    - Suso Vila conducirá este sábado a visita polo patrimonio xudeu da Eurocidade Tui-Valença dentro do Setembro Xudeu
    - Esta fin de semana celébrase a Festa Das Dores Guillarei
    - Un centenar de participantes competirán no Concurso Nacional de Saltos en Tui
    - Ainhoa Lameiro, padeeira do Club Piraguismo Penedo Te Importa, fala dos seus plans de futuro tras ser 23ª do Mundo en Alemaña
    ...
    28 min
  • Ent. Sandra González,alcaldesa de Tomiño | Inauguración do Espazo Isaura Gómez
    O Espazo Isaura Gómez de Tomiño abrirá as súas portas este sábado ás 12 h, e o a longo da próxima semana haberá distintas visitas para dar a coñecer os servizos que acolle coma a Biblioteca Municipal, o arquivo, a Aula CEMIT, así coma tamén o Servizo de Atención Temperá, SAT, do Baixo Miño.
    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu conta do traballo realizado ao longo dos últimos anos para facer realidade este Espazo, que supuxo un investimento de 2 millóns de euros. Explicaba tamén o porque do seu nome. O Espazo Isaura Gómez aspira a ser un dos primeiros edificios públicos da comarca en acadar a clasificación PassivHouse.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 17 setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui traballa no proxecto de medidas urxentes tras o desprendemento de pedras da cornixa do Teatro Principal
    - A Garda Civil de Tui detén a dous veciños da Guarda coma presuntos autores de dous roubos con forza e a un veciño da Cañiza por un presunto delito de tráfico de drogas
    - Até o xoves 25 pódense solicitar as axudas da Xunta para a obtención dos premisos de conducir A2 e B
    - A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado un dos seminarios do Día de Scratch e o martes 30 dous obradoiros de competencias dixitais para desempregados e persoas maiores
    - O domingo terá lugar o xogo de escapismo “A comunidade xudía de Tui”, dende a Oficina Municipal de Turismo
    - O sábado remata o prazo de inscrición para participar no acto cívico “Os viños de Castelao”
    - Esta fin de semana celébrase en Tui o Concurso Nacional de Saltos que congregará a máis dun cento de xinetes e amazonas
    29 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Inicio obras Augusto González Besada e outros
    En Noticias 13.30 h o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu conta do inicio das obras na rúa Augusto González Besada e os cambios de tráfico que conleva. Tamén se referiu á entrada en vigor dos orzamentos de 2025, e a renovación do alumeado público. Avanzou que entre os temas que irán ao pleno ordinario deste mes, está un convenio coa CHMS para a construción dunha nova ponte sobre o río Tripes na r/Martínez Padín.
    12 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 16 setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da conta do inicio das obras en Augusto González Besada, da entrada en vigor do orzamento de 2025, da renovación do alumeado público e dos asuntos a tratar no próximo pleno ordinario
    - O PP de Tui cualifica de “temeridade” que o goberno local recorra a un préstamo de 3,1 millóns de € do IDAE para a renovación do alumeado público
    - ACITUI celebra mañá Mesa do Comercio e o 1 de outubro asemblea
    - Até o xoves 25 pódense solicitar as axudas para a obtención dos premisos de conducir coma lembrou hoxe en Tui o delegado da Xunta
    - A Aula CEMIT de Tui acolle o martes 30 dous obradoiros de competencias dixitais para desempregados e persoas maiores
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe “Un para todos” de David Unagain
    - Mañá abre o prazo de inscrición para a Urban Trail Night Eurocidade
    - A Regata Miño Internacional volverá formar parte en 2026 do calendario da Federación Internacional de Remo
    32 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…