
Sign up to save your podcasts
Or


Esta semana, Malva e Duarte volven a darlle voltas ao tema da intelixencia artificial, e os libros. Tamén teñen unha conversa sobre profesores, mellores e peores, na escola e no instituto.
E non esquezas Palestina
https://www.gofundme.com/f/financia-a-presenza-solidaria-de-activistas-en-palestina
Novo episodio! Nel poderedes comprobar que Duarte ten un novo gusto por contar dúas historias: a que nunca foi e a que acabou sendo. Esta semana falamos de criaturas fantásticas dende un punto “científico” a través dun libro con vampiros e un documental de sereas.
E unha mensaxe para que leas de vagar.
https://www.gofundme.com/f/financia-a-presenza-solidaria-de-activistas-en-palestina
Chegou o momento de comprobar se fixéchedes a tarefa de verán, ver Avatar: The Last Airbender! Esta semana retomamos a idea de falar sobre a serie de Nickelodeon, repasando a trama, as personaxes e as opinións (enganadas) da comunidade.
PD: prometemos non falar moito da secuela nin da película pero xa sabedes como somos.
Mellor tarde que nunca! Malva e Duarte volven para falar dunha señora que fixo o que lle deu a gana toda a vida.
Por que volvemos tan tarde? Por unha vez, un agosto moi intenso non para Malva e Duarte, senón para Raquel, editora e sobriña do podcast. Rogamos respecten a súa intimidade ou que lle digan un piropo nos comentarios.
Por primeira vez na historia do podcast temos a decencia de non desaparecer sen dicir nada. Facemos este episodio curto para contar que descansamos ata agosto e xa de paso mandarvos deberes para o verán: ver Off Campus e Avatar: The Last Airbender.
As tanxentes son coma unha caixa de bombóns, nunca sabes o que vai tocar. E sendo fieis a iso, esta semana o tema acabou sendo querer, polo que falamos das formas de expresar amor, de ter detalles ca xente que aprecias e, como persoas que xa está rozando os 30, de ter filles.
Tras tres meses de vacacións, Duarte trae por fin un tema. E que mellor forma de celebralo que cun dos sospeitosos habituais do podcast: os aliens. Nesta ocasión detémonos nas posibilidades de contactar con vida extraterrestre a través das teorías da ciencia ficción, tratando de dar resposta á Paradoxa de Fermi e explorando a hipótese do Bosque Escuro.
Esta semana, o convidado repetidor e lexendario Youtuber Olaxonmario acompaña a Malva en substitución do opositor Duarte para falar de corpos, de ser nenos de aldea e de relacións tóxicas.
Esta semana, únesenos como convidado o ilustrísimo alcalde de Youtubeiras Chutenmeme para falarnos da lenda do mozo de 19 anos de Leda que loitou por cubrir un servizo público na zona de Ferrolterra.
Esta semana, Malva e o futuro Lord Duarte xúntanse para falar de tradicións, o significado da palabra “simp” e chorar nas vodas.
From the publisher's feed