Malva e Duarte non calan

Malva e Duarte non calan

By Malva e DuarteTrue Crime
Download on the App Store

Malva e Duarte non calan episodes

  • Sealand

    Esta semana Malva leva a Duarte da man por un camiño cheo de subidas e baixadas, intriga e dereito internacional, todo para culminar nunha nova era do podcast na que Duarte… se transforma.

    1 hr 8 min
  • O galego mal falado e poñer os cornos, con Antontisim0

    Esta semana, Antón tómalle o relevo a o Duarte opositor para vir a ter unha conversa de tanxentes sobre os temas máis candentes: é o galego que non se fala o único mal falado? E por que son os cornos literalmente a peor cousa que podes facer dentro dunha relación?

    1 hr 7 min
  • Os lobos de Yellowstone

    Neste episodio, Malva explícalle a Duarte a vida, traxectoria e morte duns dos lobos máis destacado do grupo que foi reintroducido no parque nacional de Yellowstone, nos Estados Unidos. E Duarte ten moito que dicir sobre os estudantes de xornalismo.

    1 hr 3 min
  • Emerald Fennell, inimiga do podcast

    Neste episodio Malva e Duarte falan sobre cousas que odian, en particular, unha das grandes inimigas do podcast: a directora de cine inglesa Emerald Fennell, culpable de crimes contra a humanidade tales coma Saltburn ou "Wuthering Heights".

    1 hr 15 min
  • O ithkuil, a lingua ‘perfecta’

    Esta semana traemos a historia de John Quijada, un home estadounidense que, disposto a corrixir os erros das linguas modernas, crea o ithkuil, sen saber as escuras consecuencias que isto implicaría. A maior de todas elas? O mal rato que pasa Malva escoitando a súa historia.

    1 hr 10 min
  • O yaoi, o omegaverso e os Bridgerton con Sara Riveiro

    Ben sabedes que as nosas tanxentes son como caixas sorpresa: non sabes que van conter ata que decides abrilas. Pois cremos que esta semana elevamos o concepto á enésima potencia.

    Acompañados unha semana máis por Sara Riveiro, traemos unha serie de temas que, se non estades familiarizados con eles, case mellor que preparedes a vosa infusión favorita, escoitedes o episodio, e descubrades con nós de que tratan.

    1 hr 15 min
  • Sara Riveiro fala de L. Ron Hubbart

    Esta semana volve, como prometera, unha das mellores amigas do podcast, para falarnos dunha das súas grandes obsesións: gran vilán da historia L. Ron Hubbart.

    Se non sabes quen é espera a que cho conte ela. Se sabes quen é únete ao episodio mellor explicado da nosa historia no que tamén temos conversas sobre a saúdos gang.

    1 hr 15 min
  • As mulleres dos pomelos

    Neste episodio no que ambas partes andaban nun silly mood, Malva fálalle a Duarte sobre as mulleres que en 1984 se manifestaron contra o apartheid en Sudáfrica desde Irlanda. Falamos de boycotts, Eurovisión e a adicción ao comfort.

    1 hr
  • TDAH e ligar

    Volvemos unha semana máis ás tanxentes e, nesta ocasión, a conversa da a sensación de ir tornando aos poucos nunha que terías no salón ás 5 da mañá co teu colega despois de vir de festa (ou, polo menos, máis do que acostumamos). Saltamos entre musicais, series, o déficit de atención, a xestión do desexo e como son as experiencias de ligar.

    1 hr 15 min

About Malva e Duarte non calan

From the publisher's feed

Un podcast da Revista Luzes no que Malva e Duarte non calan