O Tigre do Futuro

O Tigre do Futuro

By A que cheira, papá?Society & Culture
Download on the App Store

O Tigre do Futuro episodes

  • Violencia e cartos para Herminio -O Tigre do Futuro 24
    Venturas e desventuras dun revolucionario portugués, as misterioxas orixes do diñeiro e as 8 etapas da violencia machista, todo isto no Tigre máis radical!
    Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Philip Webb e Violeta Pérez, con OputoPablo como comentarista.
    Comezou Guillermo, que nos veu contar vida e milagres de Hermínio da Palma Inácio, un dos máis destacados revolucionarios da resistencia contra Salazar en Portugal. Contamos as súas maiores fazañas, sabotaxes, secuestros e roubos, para intentar descubrir nel un heroe, espía ou terrorista.
    Despois Philip dedicou unha sección ao carto, ao diñeiro. En particular aos billetes e falamos da súa orixe e de quen fai os billetes novos para os países hoxe en día. Houbo tempo para a historia e para a estética, dos euros ata os talas de Samoa.
    Por último Violeta quixo traer luz a un tema duro e falamos das 8 etapas da violencia machista. Seguindo a Monkton Smith imos debullando as distintas fases polas que pode pasar unha relación antes de rematar en feminicidio. Unha focaxe que pode axudar a previr e a estar máis atentas ante situacións como estas.
    00:30 Entrada e pregunta.
    10:50 Sección de Guillermo sobre Herminio da Palma Inácio.
    32:45 Sección de Philip sobre o diñeiro.
    1:01:21 Sección de Violeta sobre violencia machista.
    1 hr 29 min
  • Gerinaldo ten que cagar en Venus - O Tigre do Futuro 23
    Un romance medieval onde a muller non é precisamente tímida, historias sobre caca arredor do mundo, e os misterios do planeta Venus no novo Tigre do Futuro!
    Neste episodio contaron historia Silvia Rodríguez, Philip Webb e Darío MJ.
    Comezou Silvia, para contarnos como a súa avoa canta o romance do Gerinaldo. Espadas que simbolizan a virxindade, matrimonios forzados e amores prohibidos. Unha novela turca pero medieval vaia.
    Despois Philip presentou 3 historias onde a merda se comportou de maneiras imprevistas: desde un castelo alemá ata o Támese, para acabar na gran descarga de Bulawayo. Podcast de ferreiro, coitelo de pao.
    Por último Darío volve ao seu rego cosmonauta e fainos viaxar ata Venus. Exploramos as tormentas de ferro e chumbo, o Maxwell Montes (non reguetonero) e procuramos por vida nas nubes máis alá da atmosfera.
    1 hr 20 min
  • Doppelganger do panda na fronteira - O Tigre do Futuro 22
    Fronteiras físicas que nos falan dos límites das relacións, síndromes de bacterias que che cambian o comportamento e os mellores dobles dos peregríns do Tigre no novo episodio do voso podcast favorito.
    Neste episodio contaron historia Ánxela Lema, Violeta Pérez e Guillermo Rodicio, co Rubén Amado chegando tarde, pero chegando para facer de comentarista.
    Comezou Ánxela, que co gallo dun libro de Lann Hornscheidt veu falar fronteiras e relacións. Seguindo a diferentes teóricas vai trazando unha comparación entre os límites dos Estados-nacións cos límites persoais. Cuestionar a heteronormatividade e a monogamia, que se constrúen para despois tentar ser invisibles, como as fronteiras.
    Seguiu Violeta, que volve coa súa sección de saúde mental "Fredu debe morrer", desta volta para falarnos de do síndrome de PANDAS. En xeral acabamos falando de casos en que ataques bacterianos ou cambios xenéticos dan lugar a cambios de personalidade ou comportamento. Ratos que perden o medo aos gatos, persoas que non poden pensar mal dos demais...
    Por último Guillermo trae unha sección especial polo primeiro aniversario do Tigre! En homenaxe a algunhas das colaboradoras do programa falamos dos seus dopplegangers, persoas que famosas coas que comparten nome. Exploramos as vidas destes dosbles do Tigre e quizais deslicemos algún dato falso que teredes que descubrir.
    1 hr 25 min
  • Parodia de coral no paso Dyatlov - O Tigre do Futuro 21
    Expedicións de montaña que acaban en desastre, un misterioso palacio de coral en Estados Unidos e os movementos paródicos máis extravagantes, todo no voso podcast favorito.
    Neste episodio contaron historia Darío MJ, O Puto Pablo e Guillermo Rodicio, con Violeta Pérez como comentarista.
    Comezou Darío que nos revelou os misterios do accidente no Paso Dyatlov. 9 excursionistas na Unión Soviética intentaron sortear un paso de montaña. Algo ou alguén os atacou e nunca regresaron. Os seus restos foron atopados en posicións estrañas e agora hai moitas teorías acerca do que lles puido pasar en realidade.
    Seguiu O Puto Pablo, que nos fixo unha guía polo Coral Castle, o gran palacio de pedra de coral que un home letón levantou en EEUU a principios de século XX. A historia de Edward serve para poñer contexto, todo unido ao misterio de como puido unha persoa soa construír un castelo así.
    Por último Guillermo trouxo unha reflexión sobre como se emprega a ironía nos tempos da internet, reivindicando que o posmodernismo non produce boas parodias. Con unha excepción: os movementos paródicos. Repasamos algúns interesantes, desde o pastafarismo, o Partido Froilanista ou Birds are not real.
    1 hr 33 min
  • Un engano estelar para os fenicios - O Tigre do Futuro 20
    O Gran Engano Lunar, inventores fenicios que cambiaron a historia e lendas das constelacións de inverno, no teu podcast galego favorito.
    Neste episodio contaron historia Darío MJ, Guillermo Rodicio e Rubén Amado, con Philip Webb como comentarista.
    Comezou Darío que nos contou a historia do Great Moon Hoax, a primeira noticia falsa, a crónica dunha chegada á lúa a principios do século XIX e os habitantes que alí atoparon.
    Seguiu Guillermo, que saíu da tumba dun antigo rei para contarnos a historia do alfabeto fenicio, por que é un invento incrible e como se converteu nos libros impresos que temos hoxe en día. Tamén de cunchiñas azuis por algunha razón.
    Por último, o Rubén Amado decidiu que era momento de mirar para o ceo e aproveitar as noites limpas para falarnos de estrelas. Contounos como localizar o hexágono de inverno, convidounos a un viño e aprendemos a lenda das pléiades. Moi completiño.
    1 hr 27 min
  • Tics da CIA en illas do Pacífico - O Tigre do Futuro 19
    Conspiracións da CIA, fenómenos psquiátricos do TikTok e historias de illas do pacífico no novo Tigre!
    Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Violeta Pérez e OputoPablo, con Ánxela Lema como comentarista.
    Comezou Guillermo que veu falar dalgunhas das operacións máis tolas da CIA. Raposos místicos de Xapón, vampiros filipinos ou Xesucríto na Cuba castrista, algúns casos de intentar empregar elementos da cultura do inimigo contra el.
    Despois Violeta volve coa súa sección "Freud debe morrer" para falarnos dun dos fenómenos de psquiatría máis inesperados que trouxo a pandemia: o auxe dos tics. De feito, un combo de confinamento e redes sociais deu nunha nova maneira de estender este problema, nos chamados "Tik Tok Tics".
    Por último OputoPablo estréase no Tigre cunha sección dedicada a dúas illas do Pacífico que viven no límite. Takku, en Papúa, que por culpa da cambio climático cada día afúndese un chisco máis, no borde da desaparición. E Tikopia, unha illa que marcou de maneira tallante que non poden vivir nela máis de 1200 persoas. Dúas historias para reflexionar sobre a fin do mundo e como xestionamos os recursos.
    1 hr 29 min
  • Alguén tiña que dar cocaína ao emú - O Tigre do Futuro 2x18
    Desta volta temos un tete-a-tete, un tigre de a dúo intimista onde os protagonistas pouco a pouco caen na locura. Ciencia delirante e guerras australianas contra paxaros na versión de a 2 do podcast.
    Neste episodio contaron historia Philip Webb e Guillermo Rodicio.
    Comezou Philip, que veu cunha sección afiladísima despois de pasarse semanas buceando nos buscadores de artigos científicos. Trae os nomes de estudos máis tolos, todos relacionados con animais. Elefantes escaladores, pombas artistas e morcegos sensuais. Descubrimos tamén a figura de Andrew Barron, o home que odia ás abellas.
    Despois Guillermo trouxo unha historia de guerra e superación, ambientada nas nosas antípodas: a guerrá dos emús. Unha operación militar que nos anos trinta enfrontou ao exército australiano contra unha das criaturas máis terroríficas da terra: o emú. Un relato bélico e ridículo do que non sabemos se hai unha moral que sacar en realidade.
    1 hr 5 min
  • Fermi valida o Nordic noir - O Tigre do Futuro 2x17
    Validarnos coa psiquiatría, buscarmos aliens con Fermi e un análise amateur das series nórdicas sobre crimes no podcast máis variado.
    Neste episodio contaron historia Silvia Rodríguez, Violeta Pérez e Dario MJ.
    Primeiro comezou Silvia, que veu falarnos dun dos xéneros de moda, o Nordic Noir. Xa sabedes, esas series de crimes ambientadas en Escandinavia onde todo é moi gris e a xente mira toda de esguello. Pensamos nelas desde a criminoloxía, e claro, tamén acabamos falando do famoso Galician Noir. Existe? É unha forma de colonialismo? Quen sabe.
    Despois Violeta volve coa súa sección "Freud debe morrer", desta volta para falarnos dunha técnica moi curiosa, a validación. Un mecanismo conversacional que se emprega en psiquiatría para permitir que o paciente experimente e transmita máis facilmente as súas emocións. De feito facemos un experimento en directo co pobre Darío, que descubre algún que outro trauma propio.
    Por último Darío dedica unha nova sección ao espazo, desta volta á Vida extraterrestre. Co gallo de Fermi e o seu paradoxo, imos debullando as moitas teorias de por que aínda non contactamos con alieníxenas (se é que aínda non contactamos).
    1 hr 30 min
  • Manfredo toca o saxo no Titanic - O Tigre do Futuro 2x16
    As andanzas sufridísimas do inventor do saxofón, un creepypasta sobre o Titanic narrador por Philip e a vida e milagres do Man de Camelle no novo podcast.
    Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Philip Webb e Rubén Amado.
    Comezou Guillermo, que nos veu contar a historia da invención do saxofón. Ben, en realidade a vida do seu creador, Adolphe Sax, que ten unha biografía fascinante. Ben, en realidade da infancia de Adolphe Sax, que antes da adolescencia estivo a piques de morrer unha chea de veces por mil causas distintas. Algún pacto co demo debe haber aquí.
    Despois Philip quixo botar unha luz distinta a un feito histórico ben coñecido: o Titanic. Descubriunos os barcos xemelgos deste famoso transatlántico, o Olympic e o Britannic, e falamos da mala fortuna destes barcos. Tamén segue na súa liña de historiador creepypasta e leu unha outra historia perturbadora, ambientada desta no Titanic.
    Por último volvemos con Rubén á Costa da Morte, desta volta para falar dun dos seus artistas máis coñecidos: Manfred Gnädinger, o Man de Camelle. Damos un paseo pola biografía deste alemán que chegou a abrir o seu propio museo aberto ao mar xunto a Camelle. Falamos de artistas incomprendidos, conservación e memoria.
    1 hr 32 min
  • Krampus de pasta e pesadelo (especial Samaín) - O Tigre do Futuro 2x15
    Esta semana temos un especial no Tigre do Futuro. Aproveitando o Samaín, decidimos que as 3 historias que presentasen as peregrinas ao oráculo, estivesen todas relacionadas co medo, brrrr tremede!
    Neste episodio contaron historias terroríficas Silvia Rodríguez, Philip Webb e Violeta Pérez.
    Comezou Silvia, que adaptou a súa sección de "Cousas de vellas" para falarnos de lendas de inverno. A cacería pantasma, aos Krampus e outras lendas centroeuropeas, son exploradas para relacionalas con lendas galegas e de outras partes do mundo. Porque do Samaín ao Entroido, todo o inverno pode traer medo.
    Despois seguiu Philip, que veu falar da máis "moderna" das subvariantes do terror, o Creepypasta. Falamos destas historias que circulan en secreto por internet, as características que os identifican como terror. Ah, e trae a tradución dun famoso creepypasta, o "Boneco de Tails". Non sei se rir ou asustarme.
    Por último Violeta no seu "Freud debe morrer" decidiu traer a parte médica do medo, cos terrores nocturnos, pesadelos e outras parasomnias. Falamos das fases do sono para ir ubicando cada unha destas experiencias, que non son sempre iguais. Tamén falamos dos nosos pesadelos recorrentes e dos reis magos, por algunha razón
    1 hr 31 min

About O Tigre do Futuro

From the publisher's feed

O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar.