O Tigre do Futuro

O Tigre do Futuro

By A que cheira, papá?Society & Culture
Download on the App Store

O Tigre do Futuro episodes

  • Benito Soto xogando con Glushkov - O Tigre do Futuro 2x14
    Pirataría sanguinaria, visionarios soviéticos da Internet e o mundo dos xogos tradicionais no podcast máis atrevido.
    Neste episodio contaron historia Rubén Amado, Darío MJ e Silvia Rodríguez.
    Comezou Rubén, que veu pechar o círculo das súas seccións de pirataría na Coruña. Se xa nos falara dos comezos, desta volta falou do final, do último pirata do atlántico, Benito Soto. Unha historia chea de sangue e grandes riquezas, que se mestura coa lenda en Pontevedra.
    Despois Darío afianza o seu papel como experto en temas soviéticos e neste episodio decidiu falarnos de Víctor Glushkov, o pioneiro da internet na URRS. Facemos un percorrido pola vida de Glushkov, un adiantado ao seu tempo que imaxinou os procesos computacionais de rede aplicados á economía planificada. Ben, e tamén quizais un pouco supervilán agochado, despois de todo inventou a "Máquina de control total" e aburrido de todo fundou o seu propio país, Cybertonia.
    Por último Silvia trouxo unha nova entrega para a súa sección "Cousas de vellas", nesta ocasión para falar de xogos tradicionais! Falamos dalgúns dos nosos favoritos e ela presentounos a Porca, a Billarda e máis os Birlos, todos coas súas versións sempre en cambio. Deu para charlar de violencia nos xogos, hoxe que tanto se fala do Xogo da Lura.
    1 hr 31 min
  • Leñador emocional da China - O Tigre do Futuro 2x13
    Revolucións tipográficas, misteriosos leñadores pantasmais e as emocións evolutivas, que podcast ben variadiño.
    Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Philip Webb e Violeta Pérez.
    Comezou Guillermo, que contou como China adaptou o teclado Qwerty ao seu idioma baseado en caracteres. Unha historia sobre lingua e fonética, máis onde aparece tamén Mao, a guerra con Taiwan e o boom de Silicon Valley.
    Despois Philip aproveitou que estamos xa no mes do Samaín para contar unha historia de "terror": O leñador pantasma. En realidade non é tanto terror como humor escatolóxico, a lenda que percorre o exército inglés dun misterioso cagador de cagallóns épicos. Non sei, cousas de Phil.
    Por último Violeta, na súa sección "Freud debe morrer" veu hoxe a falar sobre o papel evolutivo das emocións. Unha ollada diferente á alegría, tristeza, medo ou ira, pensando nas emocións como un elemento evolutivo. Cales foron as vantaxes de volvérmonos seres "emocionais".
    1 hr 34 min
  • Profes piratas perdidos no Sahara - O Tigre do Futuro 2x12
    Piratas amotinados na Coruña, profesores de inglés lanzados ao mundo e unha carreira infinita polo deserto. Como volve o podcast do Tigre!
    Neste episodio contaron historia Philip Webb, Rubén Amado e Guillermo Rodicio.
    Comezamos a segunda tempada do Tigre!
    Estrea a tempada Philip, que nos veu falar de imperialismo lingüístico a través da ensinanza do inglés. Seguindo as liñas dun congreso dos 70, que segundo Robert Philipson serviron como pilares para o ensino internacional do inglés, cuestiona se a lingua non é unha ferramenta máis de colonialismo, británico e estadounidense.
    Seguiu o Rubén, que abriu as portas do porto da Coruña para falarnos de quizais o primeiro pirata da era moderna: Henry Avery. O seu pasado como esclavista, o motín coruñés, o roubo ao Mogol e a fuxida ao Caribe. A historia de Avery é o comezo da era dourada da piratería, máis tamén conta cousas sobre a vida moderna: a liberdade comercial, os dereitos laborais, xeoestratexia ou xubilación anticipada.
    Por último Guillermo abriu as portas do deserto para contarnos a ordalía de Mauro Prosperi. Un athleta italiano que se perdeu facendo a Maratón des Sables e contra todo pronóstico sobreviviu durante 10 días só no Sahara. Unha historia de resistencia e supervivencia, con golpes do destino e xiros inesperados.
    1 hr 29 min
  • Xuízas furiosas buscan exoplaneta - O Tigre do Futuro 1x11
    Afastados planetas onde se agochan mares inmensos, xuízos televisivos delirantes e a furia feminina disfrazada de loucura. Ben variado o oráculo!
    Neste episodio contaron historia Violeta Pérez, Darío MJ e Carlos Ríos.
    Comezou Darío, que nos veu falar de exoplanetas, en concreto dos planetas océanos. Mundos máis alá do noso mundo, onde sabemos (ou sospeitamos) que pode haber auga liquida. Puxemos o traxe espacial e exploramos o sistema solar e as galaxias próximas, na procura da vida de novos mares. Exobioloxía, exoxeoloxía, todo está por descubrir!
    Despois Carlos, como xurista de garda, decidiu que era tempo de que no Tigre falásemos de xuízos. Dos máis importantes de todos, os televisivos. Un formato que ten á cabeza o mítico Caso Cerrado, onde a doutora Polo resolve todos os conflitos da área sur de Florida. Falamos de xustiza, telerrealidade e todo o que hai no medio.
    Por último Violeta, na súa sección "Freud debe morrer", veu falar de furia feminina. Co gallo da historia de vinganza de Lisa Nowak, a astronauta dos 1000km con cueiros, reflexionou sobre como a ira feminina tende a interpretarse como loucura.
    1 hr 25 min
  • Intro portuguesa ao Almanaque - O Tigre do Futuro 1x10
    O secretos do Almanaque agrario, reflexións sobre intros de series e a emigración porutuguesa na Galiza, o Tigre nunca para!
    Neste episodio contaron historia Silvia Rodríguez, Guillermo Rodicio e Philip Webb.
    Comezou Silvia, que nos veu falar dunha desa xoias editoriais que por estar en todas as casas pode pasar desapercibida: o Almanaque ZZ. Falamos sobre este libriño de labores do campo, da súa importancia para manter o galego escrito durante o franquismo, pero tamén das súas orixes, da burguesía galeguista, e a súa funcionalidade social.
    Despois Guillermo veunos falar das intros de serie, eses temas curtísimos capaces de gravarse a lume no cerebro. Con base en varios exemplo, explica como estas intros xogan coas letras letras e a insutrumentación, para resumir o tema da serie, ou marcar desde un comezo a súa atmosfera.
    Por último Philip, na súa variante de serísimo historiador, veunos contar algúns apuntamentos dun tema no que anda traballando: a emigración portuguesa a Galiza a comezos do século XX. Un fenómeno pouco estudado pero que pode servir para explicar algúns tópicos modernos que temos sobre Portugal, e que cuestiona os límites entre emigración interna e externa.
    1 hr 39 min
  • Tradi das Feroe no bungalow - O Tigre do Futuro 1x9
    Panorámica do tradi galego máis actual, unha lenda vingativa das illas Feroe e o programa infantil máis delirante da televisión inglesa.
    Neste episodio contaron historia Sara García e Javier "Meiga-í", Guillermo Rodicio e Philip Webb.
    Comezaron Javi e Sara, que viñeron a rematar a panorámica que comezaron hai un par de programas sobre a nova música tradicional en Galicia. Se no anterior definían e debatiamos acerca do concepto de tradición, nesta fan un repaso polas últimas novidades con temas de Baiuca, Projecto Trepia, Tanxugueiras, Moura ou Caamaño e Ameixeira. Ao final decatámonos que todo ten antecedentes e acabaron saíndo grupos escuros dos 90.
    Despois Guillermo conta unha lenda de vinganza chegada desde as illas Feroe: a Kopákonan, a muller foca. Unha historia que lle dá unha volta á típica lenda de sereas ou selkies, onde a muller atacada acaba por empoderarse. Unha boa escusa para falar tamén sobre a capacidade das historias para cuestionar as relacións de poder, e a relación entre folklores galego das mouras con outros europeos.
    Por último Philip recorda no programa un dos seus programas da infancia en Inglaterra: Dick and Dom in the bungalow. Un programa infantil delirante coa que a BBC rompeu con moitas regras non escritas dos 90. Inmundicias cremosas, berrar mocos en sitios prohibidos e cousas así. Humor inglés e a relación co Xabarín.
    1 hr 15 min
  • Maratón de merda en Ekranoplano - O Tigre do Futuro 1x8
    Monstruosas máquinas soviéticas, maratóns delirantes a comezos de século e odas ao ecosistema intestinal para salvar a túa saúde mental.
    Neste episodio contaron historia Darío MJ, Guillermo Rodicio e Violeta Pérez.
    Comezou Darío, que se reafirma xa como experto en asuntos soviéticos, desta volta cos Ekranoplanos. Metade avión, metade barco, 100% bestia material de pesadelo. Un dos inventos que só poderían nacer no contexto da guerra fría, onde todo valía para demostrar ser máis "grande" que o inimigo.
    Despois Guillermo recorda un dos eventos deportivos máis tolos da historia: a maratón das olimpiadas de San Louis de 1904. Unha carreira chea de xiros de guión, con varios hospitalizados, cans rabiosos e froita pouco fresca. Félix Andarín o maior ídolo runner de todos os tempos.
    Por último Violeta volve coa súa sección "Fred debe morrer", cunha sección de merda. Vaia, de feces en sentido estricto, xa que nos veu falar do eixo cerebro-intestino, da relación entre fauna intestinal e saúde mental.
    1 hr 17 min
  • Crise Tradi en Lop Nur- O Tigre do Futuro 1x7
    O panorama tradi galego, psicoloxía da crise dos 30 e un lago enorme desaparecido en China hai máis de 2000 anos. O Tigre sempre ben variado!
    Neste episodio contaron historia Sara García e Javier "Meiga-í", Philip Webb e Violeta Pérez.
    Comezaron Sara e Javier, que nos viñeron facer unha panorámica das músicas "tradi" que se fan hoxe na Galiza. De Boyanka a Baiuca, de Mercedes Peón a Leilía, falamos dos límites entre tradicional e folk, e dalgúns dos referentes actuais máis interesantes.
    Despois Violeta retoma unha versión light do seu "Freud debe morrer", hoxe para falarnos da crise dos 30. Unha crise asociada máis fortemente á nosa xeración millenial, asediada por problemas de ansiedade da elección e desilusión xa iniciática coa vida.
    Por último Philip, na súa vertente de amante dos lagos, veunos falar da antiga lagoa de Lop Nur, no que hoxe é a China. Unha lagoa que desapareceu pola actitivdade humana extrativa hai máis de 2000 anos. Unha boa historia para reflexionar sobre ecoloxía e o papel dos humanos ao transformar o mundo.
    1 hr 22 min
  • Midas escóndelle ouro a Koroliov - O Tigre do Futuro 1x6
    Historia espacial soviética, lendas de Valdeorras e debate sobre o último das Tanxugueiras, todo no novo episodio do podcast de historias cheirer.
    Neste episodio contaron historia Silvia Rodríguez, Darío MJ e Ánxela Lema.
    Comezou Silvia, que súa sección de "Cousas de vellas", veu falar dunha lenda a medio camiño entre o fantástico e o real: as Aureanas do Sil. Esas mulleres que extraen o ouro do río, que conectan coa figura mitolóxica das mouras, mais que tamén foron (e aínda por pouco, son) unha profesional real de mulleres en Valdeorras.
    Despois Darío contounos a vida de Sergei Koroliov, a mente detrás do programa espacial soviético. Unha vida chea de obstáculos e éxitos, deste home que dalgún xeito pode ser símbolo de toda a historia da URRSS, desde o Gulag, ata o Sputnik.
    Por último, Ánxela decidiu vir con debate. Trouxo para o Tigre as cautelas que desde o mundo tradi suscitou o tema "Midas" das Tanxugueiras, tanto na letra da canción como no seu videoclip. O asunto deu para unha animada conversa sobre o choque tradición/innovación, sobre como debemos conservar as coplas e o baile e o xeito de integrar elementos novos.
    1 hr 30 min
  • Polvorín identificado en Laxe - O Tigre do Futuro 1x5
    Unha peli de Dustin Hoffman; do concepto de paciente identificado; e de naufraxios famosos da Costa da Morte, todo no novo Tigre do Futuro!
    Neste episodio contaron historia Philip Webb, Violeta Pérez e Rubén Amado.
    Comezou Philip, que sacou da súa carpeta de asuntos vitais: Outbreak, unha peli de 1995 protagonizada por Dustin Hoffman e que volveu coller relevancia este ano pola súa temática pandémica. Falamos algo da peli máis na realidade falamos de como as historias de ciencia sempre acaban buscando películas de heroes individuais, cando o traballo de diario case sempre é colectivo.
    Despois Violeta volve coa súa sección "Freud debe morrer", onde desta volta nos fala dun concepto moi interesante: o de paciente identificado. Unha idea que conecta saúde mental con problemas sociais, nunha liña entre o problema individual e o colectivo sempre en disputa.
    Por último Rubén estréase no Tigre cunha historia sobre naufraxios na Costa da Morte. Co libro de Baña Heim "Costa de la muerte: Historia y anecdotario de sus naufragios" como guía, repasamos algúns dos accidentes náuticos máis curiosos, paseando coa mente por Laxe, Camariñas e Camelle.
    1 hr 24 min

About O Tigre do Futuro

From the publisher's feed

O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar.