O Tigre do Futuro

O Tigre do Futuro

By A que cheira, papá?Society & Culture
Download on the App Store

O Tigre do Futuro episodes

  • Horus e Taro visitan os Concellos - O Tigre do Futuro 1x4
    As relacións poliamorosas que se adiviñan cun can, as historias máis tolas dos Concellos galegos máis tolos, e a incrible vida de Gerda Taro, todo no Tigre do Futuro!
    Neste episodio contaron historia Ánxela Lema, Carlos Ríos e Guillermo Rodicio
    Comezou Ánxela, que aproveita o papel de Horus, o can dunha das protagonistas de "La isla de las Tentaciones", para facer unha crítica ao programa e reflexionar sobre novos modelos relacionais non monógamos, idealmente menos tóxicos.
    Despois Carlos decidiu facernos unha guía exhaustiva por un dos temas que máis nos gustan: os alcaldes. Non falamos de política (non stricto sensu vaia), senón da capacidade de certos persoeiros para converterse en meme e mito: Jácome, Paco Vázquez, Gelo e Abel Caballero... Falamos dalgúns dos seus momentos estelares.
    Por último Guillermo lánzase a falarnos de Gerda Taro, a muller que se agocha detrás da metade do mítico nome do xornalista Robert Capa. Taro foi a primeira fotoxornalista de guerra e na súa historia estivo rodeada do misterio do pseudónimo e da loita das mulleres por ocupar espazos no século XX.
    1 hr 21 min
  • Psicose Tártara na Viceira - O Tigre do Futuro 1x3
    Das diferenzas entre psicose e psicopatía, a costumbre ancestral da Viceira para os nenos, e a historia que non sabiades (porque é mentira) da Gran Tartaria. Todo no novo Tigre!
    Neste episodio contaron historia Violeta Pérez, Philip Webb e Silvia Rodríguez.
    Comezou Violeta, que estrea a que será súa sección recorrente "Freud debe morrer" dedicada á saúde mental. Desta vez intentou dar algo de luz na diferenza entre psicose e psicopatía, dúas doenzas moi distintas que porén se adoitan mesturar no imaxinario colectivo. Tirando da peli de Hitchcock damos unha volta pola cultura pop tamén intentando aclarar esas diferenzas.
    Despois Philip quitou o suor da frente e xurdiu desde as profundidades da internet. Presentounos unha das teorías da conspiración histórica máis tolas que se poden atopar nos foros rusos. Tartaria!! A idea de que no medio de Asia existiu todo un imperio xigantesco silenciado pola academia e occidente, Tartaria, o país dos tártaros. Un estado unido con capital, bandeira, restos arqueolóxicos e escritos de todo tipo... Vaia, despois conta máis cousas, pero xa vedes por onde vai.
    Por último Silvia veu coa súa sección "Cousas de vellas", onde intenta traer para o presente tradicións galegas esquecidas ou menos coñecidas. Desta volta contounos sobre a viceira, ou veceira, un mecanismo que existía en moitas aldeas galegas que consistía nunha garda comunal do gando, que por quendas se encargaba aos cativos do lugar. Deu de fieto para un interesante debate sobre os mecanismos comunais que temos no entorno urbano que poderían ser parecidas, e sobre o xeito en que inserimos precisamente á infancia nelas.
    1 hr 21 min
  • Jar Jar colle o cólera no Monkey Island - O Tigre do futuro 1x2
    O parentesco improbable entre Jar Jar Binks co cine mudo, o mapa de Jon Snow para salvar Londres do cólera e todas as razóns polas que deberiades revisitar o Monkey Island, todo no novo Tigre do Futuro!
    Neste segundo episodio contaron historia Philip Webb, Guillermo Rodicio e Darío MJ.
    Comezou Philip, que intentou revivir a deostada figura do personaxe máis odiado de Star Wars, o infausto Jar Jar Binks. Para logralo intenta relacionalo cun dos máis grandes autores do cine mudo: Buster Keaton.
    Seguiu Guillermo, que nos contou a historia dun famoso mapa, o que fixo John Snow (non ese Snow) no século XIX en Londres e co que conseguiu parar un brote de cólera. É considerado por este logro o pai da epidemioloxía. Unha mensaxe de esperanza para estes tempos de covidia.
    Por último Darío veu falarnos do nacemento das aventuras gráficas, os videoxogos que mellor define a décadas dos 90 seguramente. Contounos anécdotas dalgúns xogos como o Mokey Island ou o Day of the Tentacle. Nostalxia deses anos e tamén reivindicación dalgúns xogos que aínda resisten ben o paso do tempo.
    1 hr 5 min
  • Tigres e minimalismo - O Tigre do Futuro 1x1
    Estreamos o primeiro episodio de O TIGRE DO FUTURO, o podcast que facemos desde o magazine cultural A que cheira, papá?
    O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar. Cada día os peregríns proporán 3 temas, que poden ir desde o máis elevado ao máis vulgar.
    Neste primeiro episodio inaugura o podcast a historia do misterioso tigre do Caspio, un animal que, segundo Philip, se cadra non está tan extinguido como se pensa.
    Despois Violeta ven a falarnos do minimalismo. Si, si a moda esta de tirar con todas as túas posesións. Dalgún xeito Violeta consigue convencernos de que é máis ben unha teoría da conspiración e rematamos falando de feísmo.
    O Tigre do Futuro é un podcast que facemos desde o magazine cultural A que cheira, papá?, con todo o que iso significa. Unha ollada nova e fresca, gana de pasalo ben, e toda unha plantilla de colaboradoras ben garridas.
    Entra a escoitar o Tigre!
    Podes escoitalo en:
    Youtube:
    Ivoox:
    Apple Music:
    Spotify:
    46 min

About O Tigre do Futuro

From the publisher's feed

O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar.