Pasan a disposición xudicial do xulgado de Ribeira, sen altercados, as seis persoas detidas pola pelexa multitudinaria acontecida no Centro Cultural de Artes co resultado dun falecido e un ferido grave.
A Garda Civil de Cambados investiga a tres persoas como presuntos autores do roubo con forza rexistrado o pasado mes no campo de fútbol de Burgáns.
Un motorista de 38 años e veciña de Rianxo faleceu esta noite nun accidente de tráfico rexistrado no lugar de Montegrande, en Asados.
Sanxenxo inicia oficialmente a tempada de verán co izado das bandeiras azuis, de forma simultánea, nos 17 areais galardoados coa insignia medioambiental e coas que mantén o liderado nacional de calidade nas praias.
O parque da Coca, en Vilagarcía, xa está completamente renovado tras a posta a punto de bancos, papeleiras, balaustradas e pontes realizada polo alumnado do Obradoiro de Emprego.
O Paseo da Calzada acolle dende hoxe e ata o domingo en horario a terceira edición de "Productoras en Feminino” que se inaugurou este mediodía cun desfile no que participaron a Concelleira de Igualdade e o alcalde de Cambados.
Vilagarcía prepárase para recibir a máis de 1.500 persoas procedentes de toda España, que asistirán este sábado ao Alén Fest no parque da Xunqueira.
A asociación Arousa en Bici, en colaboración co Concello de Vilagarcía, organiza mañá sábado ás 22:00 un novo paseo nocturno en bicicleta co fin de promocionar o uso deste medio de transporte.
A subdelegación do goberno acolleu hoxe unha reunión cos clubes e escuderías organizadores de rallies e subidas automovilísticas, así como de concentracións moteiras.