O albergue de peregrinos de Carril abrIU hoxe as súas portas tres anos despóis de que finalizase a súa construcción e un mes despóis do anunciado pola Xunta cando o pasado marzo asinara co Concello de Vilagarcía a cesión das instalacións á administración autonómica durante un período de 30 anos.
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, oficializaron a apertura deste novo albergue que levará o nome de Andrés Fernández García, alcalde e filántropo vilagarcián do século XIX.
As praias da Compostela e Campanario, en Bamio, lucen dende este mediodía a bandeira azul concedida un ano máis por Adeac.
O parking de Nauta, en Sanxenxo, cumple hoxe 20 anos dende a súa entrada en funcionamento o 1 de xullo de 2005, sen ter pechado ningún día dende a súa apertura.
En Catoira ultiman os detalles da 65ª edición da Romaría Vikinga que se celebrará o 3 de agosto cunha programación diversa, participativa e con novas apostas culturais e sociais
A adega Martín Codax volve este verán cunha nova edición do ciclo de concertos Os Seráns con Alma Atlántica: cinco bandas e un prezo de 10 euros con consumición incluida.
O Concello de Pontevedra desvelou hoxe a programación íntegra dos concertos das Festas da Peregrina de Pontevedra: Paloma San Basilio, Rosario Flores, The Rapants, Lendakaris Muertos, Ortiga, Marina Reche, Khea e tamén a banda de Jordi Évole Los Niños Jesús.
Catro persoas resultaron feridas nun novo accidente dunha embarcación tras impactar contra unha batea en Boiro.