Investígase como posible crime machista a morte da parella de Moraña que apareceu calcinada en Campo Lameiro. O Ministerio de Igualdade está recabando os datos para poder confirmalo, segundo informa a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero nunha mensaxe na rede social X.
A Plataforma SOS Sanidade Pública do Salnés sumouse esta mañá cunha concentración ante o Hospital do Salnés ás mobilizacións convocadas en todas as comarcas de Galicia para denunciar as demoras nas listas de espera en probas diagnósticas.
A Illa de Arousa implanta novas medidas de control de estacionamento na Area da Secada con lectores de matrícula na entrada e saída "para mellorar a seguridade viaria e protexer a contorna natural".
O semáforo de As Salinas, que regula o tránsito de peóns entre a Revolta e a praia da Lanzada, estreará dende mañá un novo sistema de regulación dos tempos de espera para favorecer a fluidez do tráfico e garantir a seguridade vial.
A Avenida Rafael Picó recuperará o vindeiro martes o tráfico habitual de entrada e saída de Portonovo trala finalización da primeira fase dos traballos do bombeo do Espiñeiro que mellorará o envío das augas residuais cara a depuradora de Paxariñas.
O Concello de Cambados aproveitou a súa presencia na Festa do Albariño de Palma de Mallorca para iniciar contactos de promoción turística co goberno local da illa.
En canto aos viños e adegas premiadas na Festa do Albariño de Mallorca, celebrada este mércores, o Albariño Bernón da adega cambadesa Bodegas Aquitania alzouse co primeiro posto.
O Festival Xironsa celebra este ano o seu 25 aniversario cunha edición que terá lugar o sábado 5 de xullo no parque da Seca e que presentaban esta mañá o Concelleiro de Cultura Liso González e o presidente da asociación Carlos Andrade.
Chega ao seu ecuador a feira literaria Vilagarcía, Cidade de Libro, que prolongará ata o domingo o seu amplo programa de actividades no Parque Miguel Hernández.
O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do 11 ao 14 de setembro, pecha o seu cartel coas incorporacións, entre outras bandas, de La Élite, La Fúmiga, Sanguijuelas del Guadiana, Terrae e Filloas.
A Romaría das Persoas Maiores que organiza cada ano o Concello de Vilagarcía trasládase ao mes de outubro e manterase en Fexdega.