O Concello de Cambados aprobou no pleno extraordinario da pasada noite, cos votos a favor do cuatripartito e o voto en contra do PP, o orzamento para este ano, que asciende a 9.4 millóns de euros, o máis alto da última década, segundo os datos do goberno local.
A maior parte do gasto estará destinado a persoal e gastos correntes, mentres que as inversións reais serán de 655.000 euros, cuxa maior parte, máis de 200.000 euros, irá destinada á remodelación da Praza de Abastos.
Tamén se incluen as actuacións de reforma do Centro de Saúde, a mellora das pistas de tenis de O Pombal e tamén de diferentes camiños municipais.
Entre as prioridades do orzamento están os Servizos Sociais, cunha partida que se incrementa ata os 400.000 euros, a máis alta dos últimos seis anos.
Dende a oposición, o portavoz do PP Luis Aragunde argumentou o seu voto en contra censurando que as contas chegaban tarde, son excesivamente continuístas e as únicas inversións que contemplan son as que se aportan a través do Plan Concellos da Deputación.
Ademáis, cuestiona que determinadas partidas de Servizos Sociais e Festas non se axustan ás necesidades reais do Concello.
Neste sentido, Aragunde recrimina o que considera escasa colaboración con Esperanza Salnés ou o retraso no pago das axudas escolares.
Sen embargo, o Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, valora positivamente a aprobación dos orzamentos municipais para este ano e defende o contido do documento.