#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e representantes do Consello Regulador Rías Baixas ultimaron o acordo sobre os controvertidos horarios de peche das casetas da Festa do Albariño.
Finalmente, o acordo acadado axústase ao cumprimento da lei autonómica e prevé que os stands deixen de servir entre as tres e as catro da madrugada.
Agora, o documento deberá ser aprobado pola xunta local de goberno de Cambados, que se celebra mañá, e tamén polo Consello Regulador, antes da sinatura do acordo.
Ademáis, o convenio recolle alguns aspectos novidosos como a celebración dunha recepción oficial ás tres adegas que resulten gañadoras do Concurso do Albariño, copas de talo corto para evitar roturas e a elección dunha pregoeira, todavía sen desvelar, para esta edición da Festa.
En canto ao lugar que ocuparán as casetas, o Concello agarda un informe técnico da Deputación (os municipais teñen sobrecarga de traballo) para avaliar a viabilidade de ampliar o espazo ata un dos carrís do Paseo da Calzada.
Con todo, a controversia continúa agora en torno a moción presentada no seu día por Cambados Pode, na que plantexa que os horarios sexan fixados polo Pleno da Corporación.
A moción está incluida na orde do día do pleno deste xoves, ainda que a alcaldesa solicitou un informe á secretaria municipal para cerciorarse de se se pode debater unha iniciativa contraria á lei autonómica en cuestión de horarios de peche.
Sen embargo, o portavoz de Pode está convencido de que o debate non contravén ningún precepto legal e insiste en que o convenio entre a alcaldía e o Consello Regulador non é a solución porque é o Concello quen organiza a Festa.
Todo elo nolo explicaban a alcaldesa, Fátima Abal, e o portavoz de Pode, José Ramón Abal.