#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Os hosteleiros de Vilagarcía adiantase ao inicio da tempada estival cunha nova edición do Destapa Vilagarcía que dende o 8 ata o 17 de xuño ofrece a posibilidade de degustar 16 elaboracións do máis variadas.
Salmón afumado, carrilleiras de terneira, carne de cervo ou lasaña de marisco son algunas das propostas de esta VIII edición que ademáis, incorpora unha ruta de combinados premium por 10 locais de copas.
Debido á variedade e as elaboradas receitas, este ano o prezo da tapa aumenta 0'50 céntimos, polo que a tapa sola custará 2'5€, 3'5€ si se acompaña con botellín de Mahou e 4 euros si vai con viño.
Nesta ocasión, os hosteleiros servirán as súas tapas de luns a venres só en horario de 20 a 22:30 horas, e os sábados e domingos de 13 a 15 horas e de 20 a 22:30h.
Unha vez máis, haberá día do tapeador, que será o martes 12 e o mércores 13, reducindo o prezo a 2'20€.
Tampouco faltará o concurso de tiraxe de caña, o martes 12 ao mediodía na Praza de Galicia e unha demostración de coctelería o xoves 14 as 19:30h no Mezclum.
Polo demáis, o funcionamento do concurso é como en anteriores edicións, e os clientes que desexen participar nos sorteos deberán selar o seu libro de ruta en 6 dos locais de tapas, e en tres locais de copas para poder optar ao premio especial de 300€.
Así o explicaban a teniente de alcalde, Tania García e un reprentante de Ahituvi, Manuel Gómez do bar A Baldosa.