#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A illa de Cortegada acolleu esta mañá o simulacro de incendio solicitado polo Concello de Vilagarcía dende hai tres anos, coa participación de medios da Xunta de Galicia, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da administración municipal.
A actuación simulou un conato de incendio que se iniciou na parte alta do poboado que se atopa nesta illa, e que afectou a 4.500 metros cadrados.
Para elo foron mobilizados un helicóptero de extinción con cuadrilla, un posto de mando avanzado, 4 brigadas, un camión motobomba, outro de Protección Civil de Vilagarcía, 4 axentes forestais e un vixilante patrón.
Tamén participou un director de extinción, dúas motobombas transportables, dúas lanchas, unha patrulla da policía local e un responsable de análise do operativo.
O obxectivo foi comprobar o correcto funcionamento e coordinación dos medios de persoal, mecánicos ou técnicos nun posible incendio real.
Así o explicaba o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, que realizou o seguimento das operacións, acompañado do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela,
Cores Tourís tamén lembrou que onte constituíuse o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para a campaña 2018.
O operativo de loita contra o lume estará integrado, na tempada de alto risco, por máis de 7.000 efectivos, contando os propios da Xunta, os do Ministerio de Agricultura, do Exército e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
Disporase, ademais, duns trinta medios aéreos e de 360 motobombas, ás que se engaden cisternas, pas e outros vehículos.