#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Mancomunidade do Salnés ten listo un novo vídeo promocional da comarca, elaborado por Canal Rías Baixas, destinado a atraer sobre todo á xuventude e as familias ao turismo de vivencias.
Actividades náuticas, senderismo ou experiencias presenciais sobre o traballo nas bateas ou a elaboración do viño son parte das propostas que a Mancomunidade quere promocionar a través desta grabación.
O vídeo foi presentado esta mañá polo Presidente da entidade comarcal, Gonzalo Durán, o delegado de Turismo, Gonzalo Pita e o xerente Ramón Guinarte.
Durante a presentación, Gonzalo Pita tamén avanzou que os contactos co mercado chinés progresan e xa hai un compromiso por parte dun touroperador asiático para organizar viaxes ao Salnés.
Serán grupos de entre cinco e seis turistas “vip” que chegarán a Arousa a través de Oporto e realizarán un gasto medio duns 10.000 euros por persoa durante a súa estancia.