#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Meis xa está preparado para dar comezo esta fin de semana ás Festas de San Bieito e dos Callos que se extenderán ata o 11 de xullo.
A concelleria de Cultura conta con amplo programa de actividades para a celebración dos festexos que este ano se iniciarán, como novidade, cun torneo de fútbol burbuxa este sábado dende as 10 horas.
Despois, o domingo,como xa é tradicional, terá lugar a XI edición da Feira Labrega, coa recreación dos oficios e o gando como protagonista.
Xa o venres 6 de xullo será o momento do pregón a cargo de Cándido Pazó e o sábado 7 de xullo realizaráse a procesión de San Cristobo polos lugares de costume do municipio.
O Domingo 8 de xullo chegará a XXVIII Festa dos Callos na que se prevé a venda de 6.000 racións a un prezo de 6 euros e reserva de mesa para 14 comensais por 120 euros.
O mesmo día celebraráse a V Ruta BTT e a II Andaina, que este ano amplia o seu percorrido polas rutas de sendeirismo de Meis.
Non faltarán as actuacións musicais coas verbenas, charangas e grupos folclóricos, ademáis do concerto de Oscar Ibáñez e Tribu o 10 de xullo ás 22 horas.
Rematan o programa as Festas patronais de San Bieito o 11 de xullo.
Unha ampla programación que desvelaban esta mañá o alcalde, José Luis Perez, a concelleira de Cultura, Ofelia Barral, e a cociñeira dos callos Carmen Cochón.