#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Vilagarcía prepara unha nova edición do Clás-Clás ante o éxito obtido na súa estrea durante o 29 de xuño e o 8 de xullo.
O Festival de Música Clásica Internacional, organizado polo Concello, o Conservatorio de Música e a Sociedad Filarmónica, reuniu na vila a 37 profesionais de nivel nacional e internacional que fixeron de Vilagarcía a capital da música clásica.
Un evento que contou con concertos no Auditorio, no Salón García, e en diferentes espazos como o Pazo da Golpilleira, o Pazo de Rubiáns, o conxunto histórico de Vista Alegre, a Residencia Divina Pastora ou o Hospital de O Salnés.
Ademáis do éxito dos concertos, que completaron os aforos, o festival tamén conseguiu unha importante promoción da cidade.
Por eso, a segunda edición do Clás-Clás xa está en marcha e será presentada en octubre, ampliando os workshops destinados aos alumnos e a duración dos concertos.
Así o explicaron no balance do evento o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, xunto coa directora técnica do Clás-Clás, Rosina Sobrido.