#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Galicia dispón xa dun catálogo das especies que habitan nas nosas rías.
O Centro de Investigacións Mariñas, ubicado en Corón, en Vilanova, acolleu esta mañá a presentación do
"Inventario da biodiversidade mariña de Galicia", elaborado pola Xunta, no que se documentan 6.381 especies, das que moitas delas están na Ría de Arousa.
No seu conxunto, ademáis, supoñen máis da metade das 11.000 identificadas a nivel nacional.
O Proxecto LEMGAL é unha guía editada pola Consellería do Mar coa participación de 85 investigadores do Centro de Corón, das tres universidades galegas, doutras nacionais e internacionais, así como do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía.
A publicación recolle todas as especies coñecidas desde a desembocadura do río Miño ata a do Eo e desde a zona intermareal ata a abisal, engadindo tamén a montaña submariña do banco de Galicia.
Un minucioso traballo no que se detalla “a riqueza e complexidade dos ecosistemas mariños galegos e a necesidade de conservarlos para as xeracións futuras”, baixo o lema de que “para protexer hai que coñecer”.
Así o decían o coordinador da publicación, Rafa Bañón, e a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, no acto de presentación celebrado esta mañá no Centro de Investigacións de Corón.