#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O concello de Meis e a Comunidade de Montes de San Vicente de Nogueira insisten nos beneficios para o municipio e a comarca que traería consigo o futuro parque acuático.
Así o explicaron esta mañá o alcalde de Meis, José Luis Pérez Estevez e o Presidente da Mancomunidade de Montes, José Manuel Ruibal nunha rolda de prensa para resolver ás dubidas xeradas entre os veciños pola creación do novo parque acuático.
Segundo informaron, o concello será quen leve o control do proxecto que presente a empresa, para asegurarse de que cumpre cos obxetivos marcados e preserve o entorno natural.
O rexedor meisino asegurou que a infraestructura incluirase no entorno natural, e que non haberá que instalar ningunha torre de soporte para os tobogáns xa que se colocarán aproveitando a inclinación do terreo da antiga canteira.
Ademáis, contará con espazos verdes para potenciar a natureza do municipio e previsiblemente terá máis actividades multiaventura para que o parque poida estar aberto durante todo o ano.
A superficie total do parque será de 70.000 metros cadrados e a empresa deberá pagar á comunidade de montes unha cota de 20.000 euros anuais cunha cesión de 29 anos.
A contrucción do futuro parque acuático de Meis podería comezar antes do verán de 2019 para que xa se poda inaugurar de cara a tempada estival.
Asimesmo, o parque acuático daría emprego a uns 80 veciños da zona e tal como dixo o presidente da mancomunidade de montes, axudaría a aforrar moitos gastos de mantenento da zona que debido ao seu estado precisa o desbroce a man e podería chegar a uns 6.000 euros anuais.
Do mesmo xeito, o alcalde de Meis, Jose Luís Pérez, considera que o futuro parque acuático vai xerar riqueza na zona xa que hai xente interesada en montar negocios no seu entorno.