#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O alcalde do concello leonés de Camponaraya, Eduardo Morán, ordenou a retirada dos carteis onde unha empresa privada anunciaba unha excursión ás Rías Baixas, promocionada como “ a costa da Fariña”.
A polémica en Cambados coñeceuse a través do portavoz do PP, Luis Aragunde, que anunciaba unha moción no pleno da vindeira semana para que a corporación envie ao Concello do Bierzo unha carta de repulsa.
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, ao ter coñecemento da situación, trasladou de inmediato nunha conversa telefónica o seu malestar ao rexedor de Camponaraya, ao igual que fixo a Deputación de Pontevedra.
Os carteis da polémica foran elaborados e ubicados a nivel local por parte da empresa organizadora ao marxe do cartaz institucional no que non figuraba a controvertida frase.
Todo o acontecido nolo explicaba para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o alcalde de Camponaraya, Eduardo Morán.
A Deputación de Pontevedra provincial amosouse satisfeita polo entendemento co goberno local de Camponaraya, tras as conversas mantidas entre ambas administracións.
Para o goberno provincial este lema era unha publicidade inxusta e inapropiada que, aínda que se refería ao éxito dunha serie televisiva, podía vencellar a marca Rías Baixas, que promove a institución provincial a nivel nacional e internacional, coa tristemente época pasada do narcotráfico na comarca do Salnés.
Tamén dende Cambados a alcaldesa Fátima Abal, reiteraba as disculpas ofrecidas ao Concello por parte do rexedor leonés e indicaba que a vila que se refrexa na serie non non ten nada que ver coa realidade actual.