#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Xornalistas especializados no sector turístico, de seis medios de comunicación nacionais, remataron hoxe a súa viaxe de catro días polo Salnés para descubrir os recursos que ofrece a comarca como destino.
Trátase dunha acción de promoción e difusión a nivel nacional que se enmarca no Convenio entre a Mancomunidade de O Salnés, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra.
Ademáis da Comarca de O Salnés tamén coñeceron Santiago de Compostela e Pontevedra.
Segundo explica a Mancomunidade, entre eles “espertou especia interés a realización da Translatio e o feito de poder contemplar durante o transcurso da ruta o único Vía Crucis marítimo fluvial do mundo”.
Asimesmo, participaron en actividades náuticas, gastronómicas e culturais e nas experiencias reais que ofrece o Salnés.
Aspectos que, xunto a coordinación e a cooperación lograda entre concellos e territorios son impresións positivas que se levan da viaxe.
Así o explicaba esta mañá un dos xornalistas, nun encontro celebrado con representantes da Mancomunidade comarcal para facer análise do resultado da viaxe.