#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O concello de Vilagarcía presentou esta mañá a programación especial do Día das Letras Galegas, adicado este ano a María Victoria Moreno, e que se alongará durante todo o mes de maio.
As actividades comezarán este sábado 27 de abril coa representación teatral "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos" de Matrioska Teatro.
O día 17 de maio Carril será o epicentro da celebración, con pasarrúas, rondalla, actuación de baile, un concerto de Davide Salvado e a tradicional ofrenda floral ante o busto de Rosalía de Castro.
Ademáis, durante todo o mes de maio haberá cine, música, exposicións e espectaculos para toda a familia.
Así o explicaban esta mañá a concelleira de Cultura, Sonia Outón, o cantor, Davide Salvado e as representantes da compañía teatral Matrioska.