#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Deputación de Pontevedra asinará en breve cos Concellos de Vilagarcía, Portas e Caldas o convenio para a financiación da primeira Vía Verde de Galicia que decorrerá polos tres municipios, aproveitando as vías do ferrocarril en desuso.
O goberno provincial ten xa comprometidos 200.000 euros de fondos propios destinados a este proxecto, que os alcaldes pretenden poñer en marcha este mesmo ano.
Así o explicaba a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que acompañada polos alcaldes de Vilagarcía, Caldas e Portas, Alberto Varela, Juan Manuel Rey e Víctor Estévez, realizou un percorrido polo trazado da futura vía verde do Salnés, pioneira en Galicia.
A aportación do goberno provincial súmase a unha cantidade semellante comprometida tamén pola Xunta de Galicia a través de Fondos Europeos.
Do que todavía os alcaldes non teñen resposta é da participación do Ministerio de Fomento, de tal xeito que xa pensan en que o resto da inversión necesaria será asumida polos propios concellos.
O coste total do proxecto ascende a 565.533 euros.