#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Asociación Afasal de familiares de enfermos de Alzheimer celebra este sábado 14 de abril a súa Gala Anual a partir das 21 horas no Auditorio de Vilagarcía.
O evento, que se inclue dentro da programación cultural do Concello de Vilagarcía, pretende, un ano máis, recadar fondos para continuar coas actividades que realiza este colectivo de apoio aos enfermos de alzheimer e as súas familias.
A Gala deste ano, que será conducida por Diego Alcaine, leva por título “Os Sons da Música” e reunirá sobre o escenario a músicos de estilos moi diversos; o pianista Alfonso Galbán, trios e cuartetos da Escola de Música de Vilagarcía, o duo femenino de Ana Jarque e Montse Gomez e o Orfeón de Voces Graves de Arousa, acompañado pola guitarra de José Luis Sanz e o acordeón da cambadesa Mª José Couceiro.
As entradas teñen un prezo único de cinco euros e poderanse adquirir na taquilla do Auditorio o venres de 10 a 13 horas e de 19 a 18 horas e o mesmo día da actuación dende ás 18 horas.
Así o explicaba esta mañá o coordinador da Gala, José Alvarez, na presentación do espectáculo, acompañado polas concelleiras de Benestar, Tania García, e de Cultura, Sonia Outón, xunto cos directivos de Afasal