#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O Concello de Cambados realizará unha reforma de mantemento integral do Centro de Saúde, “ante a falta de resposta ás demandas municipais por parte do Sergas”, segundo explicaron esta mañá os concelleiros de Sanidade e Economía, Tino Cordal e Xurxo Charlín, respectivamente.
A actuación conlevará un investimento de 50.000 euros, que serán financiados a través do Plan Concellos da Deputación 2018 e terán unha duración de dous meses.
As melloras consistirán no sustitución da porta de urxencias, pintado da fachada e do interior do inmoble, o cambio de pavimento e tuberías de alcantarillado e selado da carpintería exterior, ademáis da reparación das rexas.
Asimesmo, realizarase unha sectorización no prendido da caldeira e do alumeado para que se activen por zonas.
Con esta actuación, o Concello estima que conseguirá un aforro enerxético e económico para as arcas municipais, que veñen destinado anualmente un importe de 60.000 no mantemento do Centro de Saúde.
O proxecto xa foi enviado á Deputación para a súa aprobación na institución provincial e o Concello prevé que as obras comecen despois do verán.
En todo caso, o goberno municipal tramita a súa adhesión ao convenio asinado entre a Xunta e a FEGAMP para que a administración autonómica asuma definitivamente o mantemento do centro de saúde.
Así o explicaban o Concelleiro de sanidade, Tino Cordal, e o de Economía, Xurxo Charlín, na presentación do proxecto de mellora.