Mulleres Empresarias do Salnés constituíronse nunha asociación sen ánimo de lucro que vai a desenvolver principalmente as súas actividades en todos os municipios da comarca.
O colectivo, que ten xa 30 asociadas, formouse dende a iniciativa de seis empresarias adicadas a sectores tan diversos como hostelería, coworking, agro e educación.
As mulleres interesadas en integrarse nesta nova Asociación de Empresarias poden facelo a través dun formulario da páxina empresariassalnes.com cunha cuota anual de 20 euros.
A directiva xa organizou as primeiras actividades.
O día 19 de abril terá lugar un “After Work”, un encontro que servirá como primeira toma de contacto e o 10 de maio será unha xornada sobre axudas ao emprendemento femenino.
A nova organización presentouse esta mañá en Cambados destacando como obxetivo atraer e intercambiar coñecementos profesionais para mellorar a situación empresarial da muller emprendedora da comarca do Salnés.
Tamén pretenden formar unha plataforma de enlaces entre emprendedoras e membros para axudar a mellorar a súa situación económica, así como crear formación que axude a mellorar o nivel profesional de cada membro da asociación.
Outras das iniciativas que porán en marcha dende esta nova asociación é promover actividades que axuden a conciliación persoal, familiar e laboral das mulleres empresarias do Salnés e o fomento da igualdade de xénero.
Os detalles explicáronnos esta mañá a presidenta e a vogal da Asociación, Mónica Novas e Raquel Argibay, na presentación celebrada no Salón Peña de Cambados.