#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Os polígonos industriais de Covas e de Vilanoviña, no Concello de Meis e os de O Pousadoiro e Bamio en Vilagarcía contan xa con acceso a Internet de ata 350 Mbps.
Son catro das 81 superficies empresariais galegas que quedarán conectadas a redes ultrarrápidas grazas ao Plan de Banda Larga 2020 da Xunta, impulsado pola Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) en colaboración con R.
O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a outros 8 polígonos pontevedreses, acadando así un total de 28 superficies empresariais conectadas a redes ultrarrápidas este ano.
Na comarca do Salnés xa está a funcionar este servizo nos polígonos de Bamio e O Pousadoiro en Vilagarcía de Arousa, no de Baión en Vilanova, nos de Cobas e Vilanoviña en Meis, no de Cambados, e no Porto de Meloxo no Grove. Para este ano está prevista a súa instalación no polígono de Tremoedo en Vilanova así como no da Pedreira en Meaño.
As actuacións do Plan comezaron en agosto 2016 e na actualidade hai xa 20 polígonos da provincia con servizo de banda larga ultrarrápida. Unha vez completado o Plan, o 95% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100Mbps.
As empresas dos polígonos beneficiados desta actuación do Plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
O Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, xunto co responsable de medianas empresas de R, Jacobo González de los Santos, estiveron visitando esta mañá visitando os polígonos de Meis, nos empresas instaladas poden acceder xa ás redes de última xeración de R.
Na visita acompañáronnos o alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, así como o secretario territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ramón Pereiro, e Javier Touris, responsable administrativo dunha das empresas beneficiadas por este plan, Sigaltec.