#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Máis de 200 deportistas con discapacidade intelectual participarán este sábado 10 de marzo en Fexdega nos Xogos de Deportes Minoritarios.
Unha nova edición, organizada por Special Olympics Galicia en colaboración con FADEMGA Plena inclusión Galicia, a Fundación de Deportes de Vilagarcía, e promovida pola Asociación Con Eles.
A xornada, aberta ao público e con entrada de balde, contará coa participación de 22 entidades que desprazarán a un total de 247 deportistas con discapacidade intelectual e 71 adestradores, ademáis da participación de 81 voluntarios.
Comezará ás 10.45 horas, momento no que terá lugar o desfile de tódolos deportistas das entidades participantes, e prolongarase ata as 19.00.
Os detalles explicábaos esta mañá o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández na presentación dos Xogos, coa presencia da Deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, e do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, ademáis do vicepresidente de Con Eles, Xosé Luis Queiruga e un deportista deste colectivo.