#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A hostelería de Vilagarcía pon en marcha unha nova edición do "Destapa de Inverno" no que 15 establecementos hosteleiros participarán coas súas mellores tapas.
A proposta gastronómica, organizada por AHITUVI, desenvolveráse do 23 de febrero ao 4 de marzo coa intención de desestacionalizar e dinamizar a hostelería e as actividades tamén durante os meses de inverno.
Os 15 participantes elaborarán tapas relacionadas coa gastronomía destas datas, polo que moitas das recetas contarán con grelos, chourizo, lacón e mesmo haberá, como novidade, un postre de filloas e ourellas.
Os prezos serán de 3 euros se é con cervexa, 3,50 euros con albariño e 2 euros sen bebida.
Tamén haberá un día do tapeador, que será o xoves, con descontos na tapa, e diferentes actividades paralelas como o xa habitual concurso de tiraxe de cañas, que será o venres a mediodía, dous showcookings e non faltarán os premios do sorteo pola elección da mellor tapa.
Así o explicaban o presidente de Ahituvi, Richard Santamaría, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, na presentación da iniciativa.