#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O BNG do Salnés pon en marcha unha serie de iniciativas co fin de paralizar a reactivación da Mina de Touro, ubicada en plena conca do río Ulla.
O proxecto xa fixo saltar as alarmas na ría de Arousa, polo temor as graves consecuencias que pode ocasionar no tecido socioprodutivo da ría, xa que os cursos de auga da mina drenan cara o río, e polo tanto a contaminación que xere irá ao mesmo.
A formación nacionalista xa comezou a recollida de sinaturas en contra dunha actividade que consideran contaminante para a Ría de Arousa.
Ademáis, este xoves ás 20.30 horas terá lugar unha charla coloquio no auditorio de Vilagarcía para informar á cidadanía sobre os perxuizos que, ao seu entender, conlevará para o marisqueo.
Asimesmo, unha delegación do BNG do Salnés acudirá este sábado a Touro nunha visita denuncia convocada a nivel galego, na que estarán presentes os portavoces municipais de Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo o Grove e Catoira.
A maiores, o BNG presenta mañá unha pregunta no Parlamento interpelando á Consellería do Mar se ten feito unha valoración da posible afectación da reactivación da mina na ría de Arousa.
O responsable comarcal, Manuel Domínguez, lamentaba esta mañá o que considera “opacidade” por parte da Xunta en canto á información do proxecto.