#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
Cambados pon punto final ao seu ano como Cidade Europea do Viño e clausura o seu programa de actividades este sábado 24 de febreiro.
Será mediante unha Gala que terá lugar no Auditorio de Cambados ás 19 horas, na que se quere dar un especial agradecemento a 19 persoas e colectivos implicados no desenvolvemento da iniciativa.
Asimesmo, o evento servirá para ceder o relevo como Cidade Europea do Viño ás cidades portuguesas de Torres Vedras e Alenquer.
A Gala contará coa actuación de Manso e Amigos e proxectaranse dous videos: o primeiro resumindo as actividades realizadas durante o ano e o segundo sobre momentos especiais.
Os portavoces dos catro grupos municipais de goberno, Fátima Abal, José Ramón Abal, Victor Caamaño e Tino Cordal, fixeron esta mañá un balance moi positivo do que foi todo un ano cheo de máis de 80 actividades incluidas nun programa, que supuso un investimento de máis de 500.000 euros.
Segundo o cuatripartito, foi “un gran esforzo económico e de persoal” pero conseguiuse bater records na vila do albariño, con máis de 46.000 visitantes rexistrados na Oficina de Turismo, na meirande parte españois, franceses e portugueses, desestacionalizando a oferta turística.
Pese á satisfacción polo realizado, o cuatripartito non se esqueceu de lembrar a falta de apoio por parte da Xunta e do goberno do Estado, ante unha o que consideran “unha oportunidade perdida” dende as outras administracións para a promoción do Albariño a nivel internacional.
Sen embargo, o Concello de Cambados continúa apostando por conseguir a declaración da Festa do Albariño de Interés Turístico Internacional co fin de que o distintivo chegue a tempo para a edición deste ano.