#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
A Plataforma pola Sanidade Pública do Salnés iniciou hoxe na Illa de Arousa, con gran asistencia de veciños, o seu programa de peches nos concellos en contra da modificación da Lei de Saúde de Galicia, que suporá a a conversión en distrito da área sanitaria.
O peche comezou ás 9 da mañá e prolongouse ata as tres da tarde. As 12 do mediodía os membros do colectivo celebraron unha concentración ante a casa consistorial.
Durante a protesta, os representantes do colectivo explicaron aos veciños as razóns polas que reivindican o mantemento da área sanitaria do Salnés, así como os problemas na atención primaria e nas listas de espera ou a pérdida de servizos e autonomía del Hospital Comarcal do Salnés dende que pasou a formar parte da EOXI (área sanitaria integrada) Pontevedra-Salnés.
A programación de peches comezou hoxe en A Illa de Arousa, continuará o venres 9 en Ribadumia, o mércores 14 en Vilanova, o xoves 15 en Catoira, o luns 19 en Cambados e o martes 20 en Vilagarcía.
Será este último día o sinalado para o debate no Parlamento da reforma da Lei de Saúde, polo que unha representación da Plataforma trasladarase a Santiago para manifestarse ante a sede da Cámara galega.
Os detalles do primeiro día de peche explicábanolos a portavoz da Plataforma, Rosa Casal, e o alcalde de A Illa, Carlos Iglesias.