#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía
#de12a1430
O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, acompañado polas concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez compareceu esta mañá para negar as acusacións realizadas polo portavoz de En Marea, Luís Villares, nas que denunciaba unha presunta trama de corrupción que implicaría ao rexedor, ademáis de ao secretario e o interventor municipal.
Os asesores xurídicos están a estudar a interposición dunha querela contra o señor Villares e o seu partido. “En política non todo vale. Hai que ser serios e respectuosos e xa é hora de que alguén empece a tomar medidas contra as descalificacións e os insultos”, sostén o alcalde en nome do equipo de goberno.
Bello Maneiro defendeu a profesionalidade, responsabilidade e compromiso do secretario e o interventor que exercen como acumulados en Valga. O salario que recollen os orzamentos para o secretario e o interventor está dentro que marca a lei, e non só iso, “senón que é superior ao mínimo que establece a lei. Porque ten que pagar máis o Concello de Valga”, afirmou Bello Maneiro.
Ademais, aludiu “á irresponsabilidade” de que o Colexio de Secretarios e Interventores (Cosital) contribúa a difamar a dous dos seus asociados. Pregúntase o goberno de Valga se, por esa regra de tres, “o secretario de Pontevedra, un dos que asina o recurso contra os orzamentos municipais, cobra un bo soldo para que faga o que quere o alcalde? Ou se o alcalde de Santiago ten como secretario a unha persoa da súa confianza polo mesmo motivo? Nós dicimos que non. Son profesionais que defenden a legalidade e cumpren coas súas obrigas e deberes. Os de Valga tamén. Pero algúns non reparan en que detrás destes dous profesionais hai dúas persoas que teñen familia”.
As dietas que perciben “tamén están recollidas na lei. Cobran 37,40 euros por cada día que veñen ao Concello. Só faltaría que tiveran que pagar do seu bolsillo as comidas e os desprazamentos dende Riveira e Sanxenxo”, engade o alcalde. Hai que ter en conta que o secretario e o interventor acuden ao Concello de Valga un ou dous días á semana.
Asimesmo, o rexedor remarcou que “é falso que o Concello contratara a unha sociedade. Contratou durante un ano por 1.000 euros ao mes a unha persoa autónoma, para garantir o bo funcionamento da administración e para axilizar temas atrasados que o anterior responsable non logrou poñer en día. Este contrato remata en xuño e é un traballo que, na meirande parte, non se fai físicamente no Concello de Valga, senón de xeito telemático a través da Sede Electrónica que implantou o Concello. Ao traballar con ordenadores é doado tirar do fío e saber quen traballa”, remarcou o alcalde,