Cinco persoas, tres homes e dúas mulleres, foron detidas nun operativo desplegado entre a Policía Nacional e a Local no que se desartellou un punto de venda de drogas no barrio da Seca, en Pontevedra.
A depuradora de Lantañón, en Paradela, apareceu esta mañá sen o peche de ferro, de malla electrosoldada que alguén roubou durante a noite deixando únicamente o lateral e os postes. O concello xa presentou a correspondente denuncia ante a Garda Civil.
O Concello de Vilagarcía leva investidos neste mandato 1,7 millóns de euros en 34 actuacións de asfaltado, abastecemento e saneamento no rural. Unha das últimas, as obras executadas con fondos provinciais no Camiño da Regueira, en Fontecarmoa, que hoxe foron supervisadas polo alcalde, Alberto Varela, e o deputado provincial Marcos Guisasola.
Tamén en Meis executáronse melloras en estradas do rural. O goberno local decidiu este ano destinar todos os fondos do Plan Marco da Xunta, un total de 70.000 euros, para mellorar a pavimentación do camiño do Batán, en San Martiño, un vial moi transitado que sirve de unión co lugar de Couso, na parroquia de Armenteira,
O Concello de Cambados e a Policía Local teñen xa consensuado o novo ordenamento de tráfico na contorna de Fefiñáns, trala polémica xurdida con comerciantes e veciñanza da zona.
O Centro de Día de Sanxenxo celebrou hoxe o seu 20 aniversario cun acto conmemorativo ao que asisitiron as 80 persoas usuarias, ademáis da Conselleira de Política Social, Fabiola García, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín,
O Teatro Principal acolleu hoxe a lectura das nominacións aos Premios Feroz 2025 que se entregarán en Pontevedra o 25 de xaneiro. As películas Casa en llamas de Dani de la Orden, con oito nomeamentos; e Querer de Alauda Ruiz de Azúa, con sete, son as favoritas en cine e televisión, respectivamente