A Subdelegación do Gobierno en Pontevedera confirmou este luns que o asesinato de Estela Blach, a muller de 36 anos morta o pasado venres en Baiona, trátase dun crimen de violencia machista.
As lonxas de Arousa, e en especial a do Grove, recibirán esta tarde as primeiras pezas da campaña da centola, iniciada hoxe trala veda establecida dende o 22 de xuño.
Coincidindo coa apertura da veda, tamén comezan hoxe no Grove as Xornadas de Exaltación da Centola, organizadas por Emgrobes, que se prolongarán ata o 8 de decembro.
Un grupo de mariscadoras de Noia concentrouse este mediodía ante a reunión semanal do Goberno da Xunta na localidade para exixir medidas contra a baixada de productividade nas rías.
Xornada de folga no sector de limpeza de edificios públicos da provincia de Pontevedra que entre hoxe e mañá retoma as mobilizacións iniciadas o pasado xaneiro en protesta pola falta de acordo nas negociacións do convenio colectivo.
A subdelegación do Goberno en Pontevedra activou hoxe o Plan de Viabilidade Invernal na rede de estradas da provincia trala sinatura do protocolo para a campaña 2024-25 rubricado polo subdelegado Abel Losada.
O paseo marítimo de Vilagarcía verá renovada antes dun ano toda a luminaria cun investimento que roldará os 550.000 euros, financiados a través do Plan de Recuperación do goberno de España, e con deseño do escultor local Elías Rey.
O acceso da Autovía do Salnés ao polígono empresarial de Nantes ten nova iluminación tras unha actuación promovida pola Xunta cunorzamento de 33.000 euros.
En Cambados comeza hoxe a campaña dos Bonos 3x2 de Outono, organizada pola Asociación Zona Centro en colaboración co Concello para incentivar as compras no comercio local nas datas previas ao Nadal.
A Deputación de Pontevedra aprobará este venres o novo convenio co Concello de Pontevedra por 1,3 millóns de euros para financiar o vial de Mollavao, segundo adiantou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez.