O temporal da borrasca Kirk comeza a remitir e, segundo as previsións de Meteogalicia, a situación mellorará moi rápido na seguintes horas.
O máis salientable das consecuencias está no Grove onde tiveron que ser suspendidas as clases no IES As Bizocas despóis de que o vento levantase gran parte da cuberta.
Tamén en Pontecesures, o Concello anunciou a suspensión da actividade escolar no CPI e na Escola Infantil debido, igualmente, ao desprendemento de parte do tellado.
Algo semellante pasou no concello de Barro, onde o vento provocou a caída de varios paneis do pavillón de Curro, polo que se suspendeu a actividade na escola unitaria situada ao carón destas instalacións deportivas.
As intensas chuvias e o forte vento desta noite, con rachas que chegaron ata os 110 kms/h, ocasionaron numerosos árbores caidos, como no instituto de Carril ou na contorna dos colexios de Arealonga e A Lomba, en Vilagarcía.
Os equipos de emerxencias traballan dende primeiras horas para solventar o regueiro de incidencias, como a caida de tellas dun edificio na rúa Castelao en Vilagarcía ou a retirada dunha árbore de gran tamaño no tramo da Vía do Salnés entre Cambados e Ribadumia, que obrigou a cortar a circulación.
En Cambados, un muro caeu sobre a calzada, na parroquia de Oubiña e en Sanxenxo, na praia de Pampaído, apareceu o cadáver dunha balea, arrastrada polo temporal.
En Vilanova, a caída de varios árbores obrigou a cortar ao tráfico a estrada entre András e O Sixto e o río Umia volveu a desbordar en Baión e Vilanoviña, sen inundacións relevantes.
En Cuntis, o río Gallo encóntrase ao límite do seu cauce ao seu paso pola localidade, con leves desbordamentos e inundacións eventuais de terreos.
E outro río, o Verdugo, rexistrou unha gran crecida ao seu paso por Ponte Caldelas, que obrigou ao Concello a desaloxar varios edificios públicos.
Ante esta situación de incidencias que se repiten en distintos concellos da provincia, o subdelegado do goberno, Abel Losada, reclama á Xunta unha maior implicación na xestión de condicións meteorolóxicas adversas como esta.
O que non afectou o temporal é á Festa do Marisco, que sigue desenvolvéndose coa axenda prevista. Ademáis, con motivo da Festa do Marisco, o bus turístico Tintilán percorrerá de novo a comarca esta fin de semana para desprazarse ata O Grove dende calquera punto da comarca.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acompañado da Concelleira de Servizos Sociais, Paz Lago, recibiu esta mañá da man do subdelegado do goberno, Abel Losada, a Maleta Viaxeira Contra a Violencia de Xénero.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou hoxe a sede da empresa Interrías, en Sanxenxo para coñecer o funcionamento dunha firma que é referencia na oferta e organización de actividades relacionadas co turismo.
O alcalde de Cambados, Samuel Lago, expresa o seu rexeitamento ante a iniciativa do PP presentada no Congreso polo deputado vilagarcián Juan Andrés Bayón, reclamando a construcción dun novo cuartel da Garda Civil en Vilagarcía e o regreso da capitanía á localidade.
O prestixioso violinista Ara Malikian regresará a Vilagarcía o vindeiro ano, tres anos despóis da súa primeira actuación na cidade: será o sábado 3 de maio, ás 20.00 horas. As entradas xa están á venda.