O triatleta pontevedrés Javier Gómez Noya anunciou esta mañá a través das súas redes sociais a súa retirada, tras unha carreira deportiva plagada de éxitos ante a dificultade de manter o nivel de exixencia da competición de élite.
Importante cita a que manteñen este mediodía os patróns maiores das confrarías de Arousa coa Consellería do Mar en Santiago sobre o resultado dos muestreos nas zonas de libre marisqueo
Ainda que todavía algunhas adegas do Rosal e da Ribeira do Ulla non pecharon a colleita, a D.O Rías Baixas xa adianta que se superan as estimacións iniciais. Ata o momento lévanse vendimados un total de 41,3 millóns de kilos de uva, 300.000 máis das previstas.
A Xunta de Galicia está completando os últimos detalles do Plan Especial de Ordenación Portuaria de Cambados para poder remitilo o antes posible ao Concello e que sexa aprobado definitivamente no pleno da corporación tras anos de complicadas tramitacións.
O PP de Cambados anunciou hoxe que este xoves no pleno da corporación votará en contra da proposta do goberno local de incrementar as taxas do Plan Madruga de 4 a 18 euros mensuais.
A Asociación Acción Contra el Hambre pon en marcha en Vilagarcía unha nova edición do programa Vives Emprega, a través dun convenio de colaboración co Concello dotado con 17.000 euros de aportación municipal.
Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), a sociedade estatal que xestiona o polígono industrial de Baión, en Vilanova, ven de adxudicar tres nuevas parcelas a dúas empresas: á firma Kin Alimentaria e á empresa Conservera Gallega.
A área empresarial de Campaña e Xanza, en Valga, afronta unha nova fase de obras para mellorar o seu sistema viario coa ampliación do ancho da estrada, creación de beirarrúas e un tramo de senda peonil cun investimento de case 150.000 euros, cofinanciados entre o Concello e a Consellería de Economía e Industria.
A segunda edición de A Carreira de Leo que se celebrará este domingo 29 de setembro en Meis, pechou hoxe o prazo de inscrición con mais de mil persoas inscritas no evento, apadrinado este ano polo actor Carlos Blanco e a piragüista olímpica Teresa Portela.
O Concello do Grove fará público o 9 de outubro quen será a persoa galardoada este ano na XX edición do Premio Nacional de Gastronomía Tradicional “Lola Torres”, convocado pola Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello do Grove, a Axencia de Turismo de Galicia e o Centro Superior de Hostelería de Galicia.
A Deputación de Pontevedra ultima o encontro literario e artístico Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, que se celebra baixo o lema “Vivir das letras” e que traerá en outubro ao Museo de Pontevedra a escritores cunha gran traxectoria internacional consolidada.