Actualidade local e comarcal deste luns 16 de setembro..
Pasa hoxe a disposición xudicial o home detido esta fin de semana en Vilagarcía por agredir a outro varón nun bar da estación de autobuses, no barrio de Os Duráns.
Coa vendima xa no ecuador da campaña, a adega Pazo Baión inicia mañá os traballos de recolleita.
O circuíto de puntos limpos móbiles de Vilagarcía estrea a partir desta semana once novas paradas en zonas do rural.
O Partido Popular de Vilagarcía denuncia que o gobierno local permitiu o uso do pabillón de Fontecarmoa antes de que finalizase a obra.
Ribadumia proxecta unha segunda fase de mellora da eficiencia do arquivo municipal
O Festival Revenidas pechou este domingo a súa XXI edición, marcada, segundo a organización, pola excelencia artística, o seu poder de convocatoria e ausencia de incidentes.
O Foro de Innovación de FP de Automoción, promovido dende o Instituto de Vilalonga, foi recoñecido dentro dos Premios da Asociación de Usuarios de Vehículos Eléctricos 2024.
O Concello do Grove ofrecerá durante a última fin de semana de setembro un Festival de Maxia Solidario, financiado polo Plan Máis Provincia de Deputación de Pontevedra.
A Deputación de Pontevedra cifra en preto de 750.000 euros os investimentos provinciais en Arousa a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas,