Os alcaldes dos 9 concellos da comarca de O Salnés recibiron esta mañá por parte da Deputación de Pontevedra, unha convocatoria para manter, o vindeiro martes, unha xuntanza co vicepresidente da Deputación, Cesar Mosquera e co novo responsable territorial da área do Salnés, Xosé Leal.
Os temas a tratar, segundo a entidade provicial son o asesoramento en materia de accesibilidade, mobilidade e seguridade vial, e ademáis sobre residuos e parques forestais.
Materias que esta a xestionar a Mancomunidade de O Salnés e que non está convocada á xuntanza.
Con esta reunión, o presidente da Mancomunidade de O Salnés, Gonzalo Durán, considera que o que se pretende dende a Deputación e facer desaparecer a Mancomunidade, xa que non contan con este ente para tratar os asuntos.
Ademáis, Gonzalo Durán, tampouco entende porque lle dan o cargo de responsable territorial do Salnés, a Xosé Leal, que é deputado de Bueu do BNG, tendo en conta que en Vilanova hai un deputado comarcal do PSOE.
Pero ademáis, a xuntanza convocada para o vindeiro martes día 11, ás 10:00 horas, vaise celebrar no concello de Vilagarcia, cousa que tamén molesta o deputado provincial, Luis Aragunde, que reclama que a sede da Mancomunidade esta en Cambados e non se debe facer a reunión en outro lugar.
Luis Aragunde considera que a alcaldesa de Cambados debe facer algo para evitar que a sede da Mancomunidade desapareza de Cambados, o igual que fai para reclamar a sede do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, xa que sinon, Cambados perderá peso político.
En todo caso, Gonzalo Durán, asegura que como presidente da Mancomunidade e alcalde de Vilanova, no acudirá a esta xuntanza, porque non quere participar en nada que leve consigo a desaparición do ente comarcal.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA escoitamos as palabras do Presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, e o Deputado Provincial, Luis Aragunde.