A ascociación de comerciantes de Cambados celebrará un ano máis a Feira de Oportunidades os días 14, 15 e 16 de agosto no Paseo da Calzada.
Nesta feira participarán 28 comercios de Cambados pero tamén de outras zonas como Riveira e poderase atopar diferentes productos como calzado, roupa, complementos e productos de deportes e náutica, con descontos que rondarán o 50%.
A feria de Oportunidades de Cambados estará aberta durante os 3 días de 11:00 da mañá a 23:00 horas da noite.
A función deste evento é a promoción do comercio local e a liquidación de stock, pero ademáis este ano, o concello de Cambados celebrará un festival de musica o venres 14 para amenizar a noite e colaborar coa asociación Esperanza Salnes.
Os concertos gratuitos serán a cargo do grupo barcelonés “A Cámara Lenta” que comezará a súa actuación ás 22:00 horas e do grupo madrileño “Modestia Aparte” que teñen previsto comezar ás 23:15 horas.
Durante os tres días de feira, venderánse rifas tamén a favor de Esperanza Salnés, e haberá un sorteo o domingo 16.
En canto a situación da asociación Esperanza Salnés, o seu presidente Augusto Chaves, asegura que o seu futuro é incerto xa que a súa situación economica é moi delicada e o presuposto que agora teñen previsiblemente so lles chegará ata o mes de outubro ou novembro.
Ó respecto, o Concello de Cambados, incrementará a súa axuda a Esperanza Salnés, que na anterior lexislatura era de 7.500 euros.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos a presentación da Feira de Oportunidades, en palabras do Presidente de Zona Centro, Juan Rey, o concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, e o Presidente de Esperanza Salnés, Augusto Cháves.