O curso escolar comezou esta mañá. Case 9.000 nenos de educación infantil e primaria do Salnés e Baixo Ulla, prácticamente a mesma cifra no Barbanza, e 14.000 na comarca de Pontevedra, regresaron ás aulas nun inicio de curso que, segundo Educación, produciuse sen ningún tipo de anomalía.
Nesta primeira xornada escolar, o Delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, estiveron en Cambados. Concretamente no Colexio Magariños para supervisar as obras financiadas pola Administración autonómica.
Xunto a eles estiveron por parte do goberno local os concelleiros de Obras e Sevizos, José Ramón Abal, e os edís Xurxo Charlín e Tino Cordal.
Segundo os datos facilitados por Cores Tourís, a Xunta investiu arredor de 300.000 euros nos dous últimos anos en reformas do CEIP Magariños, que incluen o cambio peches, pistas, cuberta, biblioteca e comedor.
Por parte do goberno local, o concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, destacou que todavía quedan pendentes pequenas obras de mellora nos outros centros, como o cambio de ventanas e teitos, que se irán solicitando a medida que se precisen.
Neste sentido, agardan contar coa colaboración das administracións como ata o de agora.
Referencias educativas no primeiro día de escola no CEIP de Magariños que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.