Os representantes de Zona Aberta saíron “esperanzados” da reunión mantida esta mañá en Santiago coa directora xer al de Comercio para tratar o polémico proxecto de construción dunha grande área comercial na finca de Megasa.
Ó encontro acudiron reforzados pola presencia do alcalde, Alberto Varela, e da concelleira de Urbani smo, Paola María, que quixeron facer constar ante a administración autonómi ca o apoio do goberno local ás reivindicacións do pequeno comercio en contra da implantación dunha nova gran área comer cial na finca da Avenida das Carolinas.
A directora Xeral de Comercio explicoulles o estado da tramitación do expediente, que está pendente dos informes do Concello de Vilagarcía e Medio Ambiente e pediulles que agarden a que os informes sexan concluintes para adoptar, de ser posible, unha medida de paralización cautelar do proxecto.
Paralelamente, o colectivo xa comenzou a repartir entre os sus asociados os formularios da campaña de alegacións contra o proxecto de Megasa, para o que teñen de prazo ata este sábado 5 de setembro. Agardan recoller 500 alegacións.
Os detalles da conclusión do encontro celebrado en Santiago coa directora xeral de Comercio nolos contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Rocío Louzán, presidenta de Zona Aberta de Vilagarcía.