O portavoz do PP, Luis Aragunde, realizou esta mañá valoración dos 100 días do goberno do cuatripartito.
Luis Aragunde asegurou que “o concello funciona peor, o novo goberno sae máis caro para os veciños, hai falta de liderazgo e mal ambiente entre os catro grupos que forman o goberno, e só se están xestionando os proxectos que deixara o anterior equipo de goberno”.
O portavoz do PP repasou diferentes asuntos tramitados polo goberno local neste trimestre, incidindo na Festa do Albariño, “cunha mala xestión, empezando polo cartel que non cumpría os requisitos e houbo que cambialo, a limpeza peor que outros anos e mentiron porque non contrataron máis persoal, o que sí se facía no anterior equipo de goberno”.
Ademáis, Luis Aragunde acusou ó cuatripartito de facer demagoxia cando dín que executan obras por menos cartos do que tiña xestionado o PP.
No ámbito económico, o ex-alcalde resaltou como logro do seu goberno que Cambados “é un dos concellos mellor saneados da provincia de Pontevedra, existen 400.000 euros de remanente, segundo informes de tesorería, as facturas pendentes de pago teñen un aval no ORAL, que garantiza o seu abono, e o pago a proveedores realízase en 17 días”.
Asimesmo, fixo mención a formación do pacto de goberno, no que, asegurou “a alcaldesa nin esta nin se espera”.
Declaracións de Luis Aragunde que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.