A ruta do Viño Rías Baixas e o Concello de Cambados presentaron esta mañá no Museo do Viño a programación especial con motivo do Día Europeo do Ecoturismo, que se celebra o vindeiro 8 de novembro. No acto participaron o concelleiro de Enoturismo Cambades, José Ramón Abal, a xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela, e a directora do Museo do Viño de Cambados, Rocío Acha.
Entre as actividades que se ofrecerán ó público entre os vindeiros días 4 e 11 de novembro, destacan o taller de memoria sensorial para invidentes, que se realizará en colaboración coa ONCE Galicia para 20 dos seus asociados. O taller tera lugar o 4 de novembro as 19:00 no Museo do Viño de Cambados.
A programacion especial polo Día do Enoturismo continúa o 7 de novembro co bus do Viño que saira as 10:00 horas do Parador do Albariño e levará ós visitantes as Adegas Casa da Barca, Martín Codax, Condes de Albarei e Don Olegario cun custe de 6 euros.
Non obstante, o mayor reclamó será a IV Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas, que se desenvolverá o domingo 8 de novembro no Salón Peña. A actividade será gratuita previa inscripción cun aforo de 120 persoas e será impartida polo sumiller Nacho Costoya.
A programación concluirá cunha charla coloquio sobre Enoturismo e Redes Sociais, o 11 de novembro no Museo do Viño.
Con este programa, tanto a Ruta do Viño Rías Baixas como o Concello de Cambados queren potenciar os diferentes aspectos do Enoturismo en xeral e da Ruta do Viño en particular, a través de propostas atractivas e que aporten un valor engadido.
Durante a presentación, o concelleiro de Enoturismo de Cambados, destacou o incremento das visitas ás adegas da Ruta do Viño Rías Baixas e o interés dos visitantes de Cambados pola información enoturística.
Segundo os seus datos, durante este verán a vila do albariño recibiu 14.000 visitantes que se interesaron por referencias enoturísticas, 5.000 máis que no mesmo mes do ano pasado.
Así o recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.