Vilagarcía pon hoxe en marcha a campaña “Plántate na rúa”, dirixida ós centros educativos do municipio, coa finalidade de fomentar o civismo e o respecto polo mobiliario urbano, contribuíndo ao tempo no fomento do uso de prantas na decoración das rúas.
Unha campaña de concienciación cidadá no respecto do entorno, que comeza polos máis pequenos para que sexan éstes os trasladen ós maiores a necesidade de non romper o mobiliario urbano e non levarse para casa as plantas que decoran as rúas.
A iniciativa estará destinada aos alumnos de terceiro e cuarto de primaria de todos os centros educativos do municipio. Terá dúas fases: primeiro as charlas de concienciación, impartidas por técnicos municipais dende este xoves. Despóis, os nenos realizarán plantacións nas macetas urbanas e cada maceteiro levará un cártel identificativo do traballo de cada aula.
Os nenos dos colexios do centro urbano serán os primeiros en participar nunha charla conxunta, este xoves ás 10.30 horas no Auditorio. Os alumnos dos restantes centros educativos recibirán a charla no propio colexio.
Detalles dunha campaña que foi presentada esta mañá polos Concelleiros de Educación, Miro Serén, e o de Xardíns, Lino Mouriño, ademais de técnicos de ambas concellerías e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.