A empresa Bateamar ubicada no porto de Tragove en Cambados está inmersa nun proceso de expansión, co obxectivo de aumentar as instalacións e a plantilla nuns 50 traballadores.
A firma, unha das máis importantes do sector, produce mexillón cocido envasado ó vacio e tamén na súa variedade de mexillón tigre en croqueta.
A firma investiu nos pasados anos 3 millóns de euros de cara a ampliación da súa actividade de elaboración de conservas de mexilón en escabeche, á renovación do noso cocedoiro, a incrementación da nosa sala de elaboración de precociñados e a implantación dunha liña de mexilón pasteurizado.
Deste investimento global, 1,8 millóns de euros destináronse á posta en marcha da planta de maquinaria para a produción de conservas, que conta cunha capacidade de elaboración de 500.000 unidades ao día.
As obras permitiron duplicar a súa sala de elaboración de precociñados do mexilón tigre, que pasou a contar cun potencial de 1.000 quilogramos ao día, creándose tamén unha liña de envasado en pasteurizado.
O grupo de empresas da que forma parte Bateamar conta cunha plantilla de persoal de mais de 300 persoas, das cales na nave de Cambados traballan 176 na actualidade.
As previsións apuntan a creacación de 50 postos de traballo máis para 2016.
Bateamar abastece a maioristas, vende en países coma Francia, Alemania, Suiza, Italia ou Grecia, “e por suposto, a toda España”, contando cunha facturación de case 12 millóns para este ano, agardando uns 15 millóns para o que ven.
A fábrica recibiu esta mañá a visita do delegado territorial da Xunta, Cores Tourís, para coñecer as instalacións e o proceso de producción de cara a unha futura colaboración económica da administración galega a través de fondos europeos.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Alba Piñeiro seguiu a visita recollendo as impresións de Cores Tourís e tamén do propietario de Bateamar, Manuel Abal.