O vento e a chuvia dannos unha pequena tregua.. A intensidade das precipitacións diminue e segundo as previsións de meteogalicia, durante a tarde comezarán a abrirse claros e os chubascos serán ocasionais.
Pero as inclemencias climatolóxicas regresan mañá e o domingo unha profunda borrasca azotará de novo Galicia.
A influencia das baixas presións do Atlántico seguirá alomenos menos ata mediados da semana que ven.
Tralas intensas precipitación desta noite, mantense a alerta en Caldas e en Cuntis ante posibles novos desbordamentos.
En Caldas, a crecida do Umia permanece no seu cauce despois de que se abrisen as comportas do encoro de A Baxe.
No casco urbano, o río non desbordou pero segue inundando outras zonas que están en cota moi baixa.
En Cuntis, os 141,8 litros de agua por metro cuadrado das últimas 24 horas sumados as intensas precipitacións desta noite volveron provocar novos anegamentos do río Gallo nos mesmos lugares de onte da Rúa Sagasta.
A última hora nola contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o xefe de servizo de Protección Civil de Caldas e tamén dende Protección Civila de Cuntis.
A intensidade do temporal de lluvia e vento durante as últimas 24 horas está deixando un regueiro de incidentes por toda Galicia, con inundacións en numerosos puntos.
Os servicios de emerxencias do 112 Galicia tiveron que atender durante as últimas 24 horas 380 incidencias.
Na comarca do Umia, Caldas e Çuntis están a ser os concellos máis afectados polas adversas condicións meteorolóxicas.
Tamén se desbordou o río Agra ao seu paso por Barro e Portas, e no concello de Catoira, as brigadas da Deputación tiveron que actuar esta mañá pola presenza de bolsas de auga que inundaban un baixo dunha vivenda na estrada entre Catoira-Torres do Oeste, así como no punto quilométrico catro na entre Caldas-Carracedo-Catoira.
En Pontevedra, a ponte sobre o río Gafos que une Tomeza e Salcedo quedou cuberto de auga esta madrugada ante a crecida do cauce fluvial.